BURELA .- A alcaldesa en funcións e responsable de Cultura, Neves Cando, presentou a edición do libro de Os Bolechas adicada a Burela titulado “Os Bolechas van de viaxe. O bonito de Burela” do debuxante Pepe Carreiro. O libro vaise distribuír a vindeira semana na Feira do Bonito en setembro será entregado coma agasallo aos nenos da escola infantil e aos alumnos de primaria.
A alcaldesa en funcións, Neves Cando, subliña que “é unha aposta que fixemos desde a delegación de Cultura pola lectura, pola nosa cultura, polas nosas tradicións e polo noso pobo. Unha aposta que supón a promoción de Burela”.
A viaxe de Os Bolechas por Galiza xa pasou por Lugo e Monforte de Lemos ou Ferrol, Pontevedra, Compostela e Vigo.
Nota de Prensa
O CONCELLO REPARTIRÁ 2.000 EXEMPLARES DO LIBRO OS BOLECHAS VAN DE VIAXE.O BONITO DE BURELA, DURANTE A FEIRA DO BONITO DA VINDEIRA SEMANA E AO INICIO DO CURSO ESCOLAR ENTRE OS ALUMNOS DE INFANTIL E PRIMARIA.
Burela, 23 de xullo de 2008. A alcaldesa en funcións e concelleira de Cultura, Neves Cando, presentou hoxe unha edición especial de Os Bolechas adicada a Burela. Os Bolechas van de viaxe.O bonito de Burela é un libro de aventuras da editorial A Nosa Terra que esta vez discorre polas rúas, polas praias e polo mar de Burela. Neves Cando considera que <esta colección é sobradamente coñecida polos nosos pícaros polos seus títulos sobre temas xerais de contido educativo, pero ten tamén a vertente viaxeira e preséntanos distintas aventuras pola xeografía galega. Despois de percorrer cidades coma Lugo, Ferrol, Pontevedra, Compostela, Vigo ou mesmo os xogos olímpicos de Pekín agora chegan a Burela os irmáns Bolechas coas súas aventuras>. A edil nacionalista engade que <Burela será terceira vila da provincia de Lugo onde se localicen as súas aventuras despois da propia capital e de Monforte de Lemos, e será a súa primeira incursión na Mariña>.
Neves Cando conta que o autor da colección, o debuxante Pepe Carreiro visitou Burela durante o mes de maio <e aquí coñeceu de primeira man a nosa tradición boniteira e os nosos lugares máis emblemáticos e a partires de aquí xurdiu O bonito de Burela. Un libro no que poderemos ler a aventura dos seus protagonistas e a súa amiga de Burela na procura dun bonito e poderemos achegarnos a Burela a través do paseo marítimo e da praia da Marosa, ao faro, á zona xeolóxica de Castrelo, á Casa da Cultura e á Casa do Concello, ao peirao, ao noso barco museo e remataremos degustando empanada na feira do bonito>. A concelleira de Cultura asegura que <é pois un libro de aventuras e de viaxes para os máis pequenos pero tamén un libro que mostra a Burela ao exterior e que promociona os nosos lugares máis fermosos. Nós presentámoslle a idea á editorial e na súa liña de facer libros sobre as vilas e cidades galegas, acolleu moi ben a iniciativa e a nós parecéunos a mellor idea para promocionar non só a lectura senón tamén turísticamente o noso Concello>.
Os Bolechas van de viaxe. O bonito de Burela váise distribuir a vindeira semana na festa da bonito e despois en setembro cando comence o novo curso escolar será entregado coma agasallo aos nenos da escola infantil e aos alumnos de primaria. Neves Cando anuncia que <teremos ademáis a honra de contar con Pepe Carreiro para que nos conte diante dos alumnos de secundaria o seu labor á fronte desta colección de libros tan coñecida e recoñecida no noso país. É unha aposta que fixemos desde a delegación de Cultura pola lectura, pola nosa cultura, polas nosas tradicións e polo noso pobo. Unha aposta que supón a promoción de Burela entre os máis pequenos e entre o público en xeral. Agardamos que esta iniciativa guste aos nosos nenos, que gocen coa lectura desta aventura e que se sintan identificados coas nosas paisaxes>.






















A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



