BURELA.- O grupo municipal do PP no concello de Burela pon en dubida a contratación de unha persoa para monitor de Xardinería do Obradoiro de Emprego e pide o alcalde, Alfredo Llano, que a “aclare toda esta situación”.
Os populares tamén queren explicacións das concelleiras do PSOE Remedios López e Sonia Fraga “que son as grandes defensoras da legalidade, pero que estiveron inmersas no seu día nun proceso ilegal”.
Así mesmo recordan que “O PP xa advertiu no seu momento de que había varios procesos de selección de persoal laboral fixo que presentaban anomalías e presuntas ilegalidades, ademais de constatar que o proceso de selección do obradoiro de emprego foi ilegal”
Nota de Prensa
COMITÉ LOCAL-GRUPO MUNICIPAL
BURELA
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR
O GMPP de Burela afirma que “as datas non cadran” no proceso de contratación dunha persoa para monitor/a de xardinería.
Os populares aseguran que estamos ante “unha enorme chapuza”.
O PP considera que o alcalde e Dna. Remedios López deben dar explicacións, porque non son de fiar.
O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o proceso para a selección e contratación dunha persoa para monitor de Xardinería do Obradoiro de Emprego levada a cabo en Xuño é unha enorme chapuza, na que as datas non cadran, e do que teñen que dar explicacións tanto o alcalde coma a delegada de Persoal Dna. Remedios López.
O PP, que reitera que non tén nada en contra da persona seleccionada, lembra que o Decreto de contratación asinado polo alcalde é de trece de Xuño.
O que non coinciden para nada son as datas de determinados documentos que obran no Concello: no pleno do día vinteseis de Xuño o PP preguntou ó respecto desta contratación, e o día seguinte, ou sexa, o vintesete de Xuño, presentou por escrito a petición de documentación do expediente de selección de persoal e de contratación. Pois ben, o día trinta de Xuño o alcalde entregoulle ó persoal do concello, pero non a través do rexistro, unha fotocopia dun documento datado o seis de Xuño, que non tén ningún tipo de membrete, e que aparece asinado por dúas persoas que din representar ó Grupo de Traballo Mixto do Obradoiro de Emprego Faro de Burela III, e na que fan a selección; pero nese documento, que é unha fotocopia, que insistimos non tén membrete, nin tan siquera se distingue o selo oficial, e tampouco tén selo de rexistro nin de saída nin de entrada, non constan as persoas que participaron na selección, e tampouco constan os representantes do concello no Grupo de Traballo Mixto, algo que é preceptivo para a selección de persoal dun Obradoiro de Emprego. Lembremos que na selección feita en Decembro participaron, ilegalmente, como representantes do concello de Burela as grandes defensoras da legalidade Dna. Sonia Fraga e Dna. Remedios López. Tampouco constan as persoas que foron sometidas ó proceso de selección, só consta o nome da persoa seleccionada, e non se fai mención a ningún tipo de proceso previo.
O chocante de todo esto é que a fotocopia do documento do día seis de Xuño non aparece no concello hasta o día trinta de Xuño, dous ou tres días despois de que o PP se interesase por este asunto no Pleno e por escrito. Como conclusión, o decreto de contratación é absolutamente ilegal, porque non había constancia de ningún proceso de selección realizado e pechado antes de ese día. E todo é máis sospeitoso ainda porque o documento do día seis non tén nada que garanta que ese documento é legal.
Polo tanto, o PP quere que o alcalde aclare toda esta situación, dado que el contestou no pleno e andivo coa fotocopia indicada, situación que tén moitas pintas xa non de ser unha enorme chapuza, senón que presenta síntomas de ilegalidade. E que ademais tamén den explicacións as Sras. Dna. Remedios López e Dna. Sonia Fraga, que son as grandes defensoras da legalidade, pero que estiveron inmersas no seu día nun proceso ilegal, e que agora poden estar defendendo por omisión outra situación semellante.
O PP xa advertiu no seu momento de que había varios procesos de selección de persoal laboral fixo que presentaban anomalías e presuntas ilegalidades, ademais de constatar que o proceso de selección do obradoiro de emprego foi ilegal. Naide do grupo socialista deu argumentos para decir o contrario: calaron, porque saben que o que decimos é certo. Pero este non é último caso, porque probablemente haberá máis, e ó millor con máis persoas implicadas.
Finalmente, indicar que o PP continuará denunciando políticamente o que considera unha liña de actuación corrupta e clientelar, a do Partido Socialista de Burela, baixo o amparo dun alcalde que está demostrando que se presta a estas situacións, o que quere decir que non é de fiar, e que cando di algo está pensando o contrario.
En Burela, a vinteún de Xullo de dous mil oito.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



