O PP ve parado o saneamento na estrada da Marosa por falta de xestión do alcalde de Burela
BURELA .- O portavoz do PP no concello de Burela, José María González Barcia, asegura que “as obras de saneamento na estrada da Marosa, na súa marxe dereita desde A Casilla á estrada da Deputación a San Cibrao, están paradas desde hai máis de un ano”. Barcia implica ó alcalde socialista de Burela, Alfredo LLano, na paralización da obra asegurando que “o culpable directo de que a obra continúe parada é o alcalde, que así demostra unha vez máis o pouco interese que ten e a nula capacidade de traballo e de xestión”.Según González Barcia ” a obra está incluída no Plano Operativo Local de 2006, que conta con financiamento da Unión Europea, e que é unha obra que foi incluída no indicado Plano polo goberno municipal do PP”. Esta obra conta cun presuposto de cento vinte mil euros, e foi adxudicada pola Deputación Provincia, afirma.
Nota de Prensa
O portavoz do GMPP afirma que as obras de saneamento na estrada da Marosa seguen paradas.
Culpa ó alcalde de non dar solucións para facer a obra.
González Barcia considera lamentable que a Deputación e o alcalde xoguen cun investimento de cento vinte mil euros.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que as obras de saneamento na estrada da Marosa, na súa marxe dereita desde A Casilla á estrada da Deputación a San Cibrao, están paradas desde hai máis de un ano, e o peor é que non se sabe que vai pasar con elas. O GMPP xa denunciara esta situación hai uns meses, e as cousas seguen igual, ou sexa, parálise absoluta.
Barcia, tamén portavoz adxunto do Grupo Provincial do PP, lembra que esta obra está incluida no Plano Operativo Local de 2006, que conta con financiación da Unión Europea, e que é unha obra que foi incluida no indicado Plano polo goberno municipal do PP. Esta obra conta cun presuposto de cento vinte mil euros, e foi adxudicada pola Deputación Provincial, que é quen tramita e xestiona o POL.
Para o PP, o culpable directo de que a obra continúe parada é o alcalde, que así demostra unha vez máis o pouco interese que tén e a nula capacidade de traballo e de xestión que demostra. Se para facer o que haxa que facer con esta obra levamos máis de un ano, xa nos podemos imaxinar que é o que nos espera con cousas de máis importancia. Non é de estranar que o concello de Burela esteña paralizado e tampouco sorprende o nulo peso que tén o alcalde dentro do seu partido, o PSOE, se é que milita nel; sexa ou non militante socialista, desde logo no PSOE pinta mui pouco.
Ainda así é todo, González Barcia afrima que é lamentable que se xogue tan alegremente cun investimento de cento vinte mil euros por parte da Deputación, o que demostra que a paralización de obras que o PP está a denunciar é certa.
Barcia pídelle á Deputación que recoñeza dunha vez por todas a paralización de obras, que como se ve afecta tanto a obras financiadas con fondos propios da Deputación coma a obra incluidas en planes especiais. Pero tamén demanda que non se xogue máis con estas obras paralizadas, porque a súa paralización está a causar graves perxuicios ós concellos e ós cidadáns.





















O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



