A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela participou este domingo na Nave de Redes na conferencia impartida polo divulgador astronómico Antonio Pazos e organizada pola institución provincial e o Concello
Lugo, 2 de agosto de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, saudou este domingo aos veciños e veciñas que participaron na conferencia divulgativa gratuíta sobre a eclipse solar que tivo lugar na Nave de Redes do Porto de Burela. A xornada Astronomía básica da eclipse, planificación e observación segura, organizada conxuntamente pola institución provincial e o Concello burelés, foi impartida por Antonio Pazos Pérez, divulgador astronómico da FAAE (Federación de Asociacións Astronómicas de España).
Carmela López, quen tamén repartiu lentes homologadas aos asistentes, recordou que “Burela é un dos lugares privilexiados para vivir un acontecemento histórico como a eclipse solar do vindeiro 12 de agosto”. Recordou tamén que “desde a Deputación de Lugo levamos meses traballando para que a veciñanza poida desfrutala con todas as garantías. Por iso, puxemos en marcha unha ampla campaña de divulgación por toda a provincia, con charlas informativas e o reparto de 35.000 lentes homologadas e 45.000 dípticos informativos”.
Esta xornada enmárcase dentro dunha programación posta en marcha por ambas administracións co obxectivo de achegar aos veciños e veciñas coñecementos, información e ferramentas que lles permitan gozar deste fenómeno de forma segura. Tras a conferencia, tivo lugar un obradoiro de observación solar, e, pola tarde, celebrarase outro taller infantil de astronomía. Ademais, o propio día do eclipse, realizarase a Ruta das perseidas, unha ruta guiada gratuíta de subida ao Monte Castelo. As persoas interesadas en coñecer máis detalles poden facelo a través deste enlace: https://turismo.burela.org/es/eventos .





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



