BURELA .- O grupo municipal do PP no concello de Burela presentará unha moción por si hai un posible recorte de fondos do Estado que afecten o concello de Burela, aseguran que “non podemos por menos que considerar como mala noticia para Burela que o goberno de Zapatero tente recortar as apartacións do Estado ós concellos, de xeito que o concello de Burela recibiría entre cen mil e cento corenta mil euros menos en 2009”.
Nota de Prensa
COMITÉ LOCAL-GRUPO MUNICIPAL
BURELA
NOTA DE PRENSA GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA
O PP considera “unha mala noticia” para Burela un posible recorte dos fondos do Estado.
Os populares estiman que o concello pode perder entre cen mil e cento corenta mil euros.
Aseguran que o alcalde non tén tomada ningunha medida para afrontar a crise.
O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que presentará unha moción para rexeitar a diminución da aportación de fondos do Estado ós concellos para 2009, e solicitar que mesmo aumenten de cara ós presupostos do ano que vén e se revise a financiación estatal ás administracións locais.
Os populares de Burela presentan esta moción a raíz das manifestacións de Pedro Solbes, que anunciou que os concellos terán en total uns oitocentos millóns de euros menos, máis de cento trinta mil millóns de pesetas, en 2009 con respecto a 2008. O Grupo Provincial do PP xa presentou o xoves unha moción semellante na Deputación.
O PP lembra que xa en xullo había un desfase, negativo, entre ingresos e gastos, de un millón e medio de euros, cartos que se tiñan deixado de ingresar pola caída libre das licencias de obra, tendencia que continúa.
Polo tanto, non podemos por menos que considerar como mala noticia para Burela que o goberno de Zapatero tente recortar as aportacións do Estado ós concellos, de xeito que o concello de Burela recibiría entre cen mil e cento corenta mil euros menos en 2009. Esto poñería en serio perigo a economía do Concello, porque os recortes extenderianse tamén á Deputación, e mesmo á Xunta, que tamén aporta fondos ós concellos. O Concello recibirá este ano 2008 un total de millón e medio de euros procedentes do Estado, cantidade que xa está consignada nos presupostos do concello do presente ano, e que é similar á percibida en 2007.
Para os populares, o que non pode nin debe facer Zapatero é cargar o morto da crise sobre os concellos. O que tén que facer Zapatero é un control riguroso do gasto corrente, que é mui abultado, e recortar drásticamente gastos suntuarios e de representación, tamén mui abultados, ou mesmo recortar ministerios e cargos públicos, como fixeron as comunidades autónomas de Madrid e Castilla-La Mancha. Porque de mermar as aportacións ós concellos, os propios concellos terían que suprimir servicios, moitos deles de carácter social.
En Burela, a cinco de Agosto de dous mil oito.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.