XOVE .- Os alcaldes dos concellos de Xove e de Cervo, Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares, anunciaron a súa intención de levar ó pleno dos seus concellos unha proposta de alcaldía instando á Xunta a que deixe sen efecto a exclusión do parque industrial supramunicipal proxectado no ano 2002 nas inmediacións das fábricas de Alcoa e incluído dentro do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
Nota de Prensa
Villares e Salgueiro deron a coñecer esta iniciativa no contorno onde estaba proxectada este cinto industrial
OS ALCALDES DE CERVO E XOVE PRESENTARÁN DIANTE DOS SEUS PLENOS SENLLAS PROPOSTAS INSTANDO Á XUNTA A QUE VOLVA A INCLUIR O POLÍGONO SUPRAMUNICIPAL NO PLAN SECTORIAL DE GALICIA
Cervo 20 de setembro de 2008.- Os alcalde de Xove e de Cervo, Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares respectivamente, anunciaron hoxe na zona próxima á factoría de Alcoa a súa intención de presentar diante dos seus respectivos plenos unha proposta de alcaldía instando á Xunta a que deixe sen efecto o acordo do Consello do Goberno galego adoptado o pasado 31 de xullo, e que se volva a incluír no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia o cinto industrial en torno a esta industria do aluminio.
Para os dous representantes municipais a supresión por parte dos responsables da Xunta deste parque industrial supramunicipal proxectado dende o ano 2002 e incluído dentro de citado plan sectorial galego de áreas industriais é un agravio ás potencialidades e ao desenvolvemento non só dos concellos de Cervo e Xove “senón tamén de toda a comarca da Mariña” asegurou o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro.
Os dous alcaldes rexeitaron os argumentos esgrimidos dende a Consellería de Vivenda para refugar esta infraestrutura dotacional que foi aprobada e proxectada polo anterior goberno da Xunta de Galicia. Segundo Salgueiro e Villares, o motivo dado por Vivenda para non facer este parque aducindo que non se adapta a criterios racionais é algo “incomprensible”. “O que é máis que evidente -e todo o mundo sabe- é que si hai un lugar onde se xustifique máis a necesidade de solo industrial é precisamente aquí, en torno a unha das principais empresas de Galicia” asegurou Alfonso Villares. Así mesmo, o cervense recalcou que esta reivindicación do seu concello e do de Xove non se basea en ideolóxías “se non no simple sentido común”.
IRRACIONALIDADE
Salgueiro e Villares tamén se referiron á manifestación do pasado día 9 convocada polo BNG solicitando a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico portuario xeral. Para os dous alcaldes, o proceder do BNG en torno a este tema é irracional, “xa que por unha banda piden a apertura do dique de Alcoa, mentres que en Santiago se cargan a creación dun solo industrial que sería imprescindible para Alcoa e tamén para ese futuro porto comercial polo que se manifestaron”.
Os edís de Cervo e Xove recalcaron que estaban de acordo coa reivindicación nacionalista en solicitar a apertura do dique de Alcoa “pero pedímoslles tamén que fagan autocrítica e que sexan consecuentes entre o que piden e o que fan”.
O alcalde de Xove afondou neste tema e lembrou que a Consellería de Vivenda e Solo denegou fai un ano a solicitude de Xove de situar un parque empresarial na zona de Beltrán aducindo que próximo a ese lugar xa estaba previsto acometer o parque supramunicipal “e un ano máis tarde a mesma consellería nos di agora que non fai o parque supramunicipal porque non se axeita a criterios racionais” asegurou Salgueiro.
Os dous alcaldes confiaron en que as mocións poidan saír adiante por unanimidade nos seus respectivos municipios “porque non se trata de política senón do futuro de Cervo, Xove e da Mariña” recalcou Villares. Ademais, os dous Concellos tamén teñen previsto dirixírse ao resto de axuntamentos da Mariña para recabar o seu apoio cara a conseguir que a Xunta volva a integrar o cinto industrial de Alcoa dentro do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.
* Copia da moción a tratar nos dous concellos
* Comunicación Consellería de Vivenda deixando sen a creación do polígono supramunicipal Cervo-Xove (8-09-08)
* Comunicación da Consellería de Vivenda denegando a petición de Xove de crear un polígono na zona de Beltrán (23-3-07)





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



