A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela inaugurou este sábado esta cita declarada como Festa de Interese Turístico Nacional que se celebra durante esta fin de semana no municipio burelés
A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, inaugurou este sábado a XL edición da Feira do Bonito, unha cita declarada como Festa de Interese Turístico nacional que se está a celebrar neste municipio mariñán ao longo desta fin de semana. A este evento, organizado pola Sociedade Cultural, Recreativa e Musical Ledicia, tamén asistiu o Deputado de Medio Rural, Daniel García, membros da corporación municipal de Burela, e representantes da Confraría de Pescadores deste municipio, entre outras autoridades.
Durante a súa intervención, Carmela López puxo en valor a traxectoria da Feira do Bonito, que este ano alcanza a súa XL edición, e destacou o seu papel na promoción do sector pesqueiro e da identidade mariñeira da comarca. “Este evento converte Burela e A Mariña nun escaparate de primeiro nivel para a nosa gastronomía, o noso produto e a nosa tradición mariñeira. Cumprir 40 edicións é a mellor demostración de que estamos ante unha cita consolidada, que soubo medrar sen perder a súa esencia e que hoxe é un orgullo para todos nós”
“Aquí recoñécese o traballo da nosa xente do mar, reivindícase un produto de máxima calidade como o bonito e xérase actividade económica para o comercio, a hostalaría e o conxunto do municipio”, sinalou a mandataria provincial.
O acto comezou co izado da bandeira azul no Barco Reina del Carmen e, a continuación, tivo lugar a entrega de premios do concurso de carteis. Posteriormente, entregáronse os recoñecemento de Asador Maior e Colaboradora de Honra da Feira, a Idara López e a José Ramón Martínez. Acto seguido, procedeuse á lectura do pregón, a cargo da instagramer Paula Jorge Horta e despois iniciouse a degustación, que se prolongou durante toda a tarde a base de bonito cocido, bonito asado á grella e empanada. A xornada rematará con diferentes actuacións musicais.
A programación iniciarase o domingo con actividades infantís e, ás 13:30 horas, abriranse as portas da carpa para a degustación, que neste caso, estará protagonizada por unha tapa de filloa de Muimenta con recheo de bonito e ración de marmitako.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

