Nota de Prensa
A organización política fretara un autocar co obxecto de facilitar o transporte daqueles veciños interesados en participar no convite e disfrutar dun día festivo en Lugo
O PP DE CERVO ANIMA A AFILIADOS E SIMPATIZANTES A PARTICIPAR NUNHA PULPADA CON MARIANO RAJOY
o O presidente nacional do Partido Popular visitará a capital lucense, o sábado 11 de outubro, con ocasión das festas de San Froilán.
Cervo, 02 de outubro de 2008.- O presidente nacional do Partido Popular, o galego Mariano Rajoy, visitará a capital lucense o próximo sábado 11 de outubro coincidindo coas festas de San Froilán. Tal e como aconteceu o ano pasado, o dirixente popular participará nunha pulpada que terá lugar, a partir das 15 horas no hotel Torre de Nuñez sito na estrada Madrid-Coruña (N-VI), km 497. Lugo.
O menú consistirá en entrantes, racións individuais de polbo á feira, carne ao caldeiro, postre, café e licores varios.
AUTOBUSES DE BALDE
Os populares cervenses animan a todos os seus afiliados e simpatizantes a participar nesta actividade e, para facilitar o desprazamento ata a capital provincial habilitará un autocar que sairá ás 10.00 horas deste sábado 11 de outubro desde a Casa do Mar de San Ciprián.
O programa de actividades non se limita ao convite co presidencia nacional da formación popular senón que tamén inclúe unha visita ao recinto feiral e ás casetas de San Froilán dispostas nas rúas céntricas da cidade. O regreso do autocar está previsto para as 22.00 horas.
RESERVA DE ENTRADAS
As persoas interesadas en reservar a súa invitación para a pulpada así como tamén aquelas outras que queiran confirmar a súa praza no autocar poden chamar aos teléfonos 615.51.92.98 ou 686.64.11.58 onde recibirán máis información.


















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



