BURELA .- O Alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo un encontro con empresarios durante o que “os técnicos e máis eu lles explicamos que hai que aproveitar toda esa zona para montar un polígono industrial comercial. Queremos aproveitar a Avenida Arcadio Pardiñas, tanto a un lado coma a outro, para que coexistan alí a maior cantidade de naves posible, de tal maneira que se poden gañar agora mesmo en construción de naves uns 50.000 metros cadrados nunha primeira fase. Eso da lugar a que se poidan levar alí negocios e comercio menor”, asegurou.
O alcalde indicou que “eso non quere dicir que no futuro non vaian analizarse outras zonas de Burela para poder ampliar e que son importantes para o desenvolvemento económico do pobo, pero agora hai que aproveitar o que xa funciona”.
Nota de Prensa
O POLÍGONO DO PERDOURO DISPÓN DUNS 50.000 METROS CADRADOS PARA A CONSTRUCCIÓN DE NOVAS NAVES.
Burela, 10 de outubro de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tildou de satisfactorio o encontro que mantivo onte á noite con empresarios e comerciantes para falar do futuro do polígono industrial do Perdouro. O rexedor di que <os técnicos e máis eu lles explicamos que hai que aproveitar toda esa zona para montar un polígono industrial comercial. Queremos aproveitar a Avenida Arcadio Pardiñas, tanto a un lado coma a outro, para que coexistan alí a maior cantidade de naves posible, de tal maneira que se poden gañar agora mesmo en construcción de naves uns 50.000 metros cadrados nunha primeira fase. Eso da lugar a que se poidan levar alí negocios e comercio menor>.
O rexedor engade que <o que se fará será ir aplicando o reglamento existente e avanzando no papeleo que haxa que facer e cada dous ou tres meses explicarémoslles de novo a empresarios e comerciantes como van esas xestións para que estean atentos ó que se está facer e para que poidan suxerir cousas que a nós se nos puideran escapar>.
Llano considera que <dentro de 6 meses estará lista a cuestión reglamentaria e a ver si é posible comenzar cunha actividade comercial industrial. Esto leva o seu tempo pero a prevesión é que se consolidade unha zona con dotacións e todo perfectamente estipulado para que teñan como mínimo esa consideración de suelo comercial industrial>.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



