Nota de Prensa
SI O ALCALDE QUERE CONTER O GASTO PUBLICO QUE EMPECE POR REVISAR AS RETRIBUCIONS DO GRUPO DE GOBERNO.
Cervo e o único concello da Mariña onde todo o goberno cobra dedicacións exclusivas e parciais que suman mais de 120.000 euros ao ano.
O aforro das tres dedicacións parciais suporía o financiamento case na totalidade do Punto de Atención Infantil.
O BNG reclama ao goberno municipal moderación no gasto publico, especialmente naqueles gastos que non supoñen merma nos servizos que o concello ofrece aos cidadáns como poda ser a dedicación do alcalde e concelleiros do grupo de goberno. Neste sentido hai que lembrar que o concello de Cervo e o que mais retribucións paga aos concelleiros e concelleiras do goberno, con dúas dedicacións exclusivas e tres parciais das que se exclúe o Tte. Alcalde, Jose Manuel Balseiro, por incompatibilidade co seu soldo de parlamentario.
A dedicación exclusiva do Alcalde supón un gasto anual de 42.000 euros brutos e 13.923 euros de seguridade social a cargo do concello, o Delegado de medio ambiente, Antonio Basanta, supón 26.000 euros brutos e 8.618,99 de seguridade social polo que as dúas dedicacións exclusivas supoñen un gasto para as arcas municipais de 90.541 euros ano.
O BNG xa reclamou moderación no pleno do 6 de xullo de 2007 cando o PP aprobou en solitario as retribucións do grupo de goberno, especialmente no que se refire as dedicacións parciais, e volvémolo facer agora xa que o gasto total para estas dedicacións suma 28.224 euros ano distribuídas en 15.848 euros brutos para a Delegada de Asuntos Sociais, Pilar Armada, e 6.188 respectivamente para a Delegada de Cultura e Xuventude, Consolación Gallego e Sanidade e Patrimonio Cultural, Yolanda Pedreira.
Para o BNG non se xustifica nun concello de 4800 habitantes o gasto das 3 dedicacións parciais cando xa hai dúas exclusivas.
Entendemos que un concello co numero de habitantes Cervo non pode permitirse o luxo de pagar estas tres dedicacións, especialmente cando o Alcalde fala de contención do gasto e a posíbel merma de servizos que podan afectar aos veciños. Podemos aceptar a necesidade de dúas dedicacións exclusivas para o traballo diario no concello, mais non tres parciais por tres horas de traballo ao día para Pilar Armada e 1 respectivamente para Consolación Gallego e Yolanda Pedreira; 5 horas diarias por 2.016 euros mes no computo total, teléfonos móbiles e dietas de desprazamento serian a envexa de calquera traballador asalariado, cando ademais esas horas non están sometidas a ningún tipo de control da oposición xa que non se presentan xustificacións da súa dedicación ao pleno da corporación nin no rexistro de entrada do concello e tampouco se fixa un horario de atencion aos cidadáns como pediu o BNG en distintas ocasións.
O aforro das tres dedicacións parciais serviría para financiar totalmente o servizo do Punto de Atención Infantil.
O aforro que se produciría coa eliminación destas tres dedicacións parciais que consideramos innecesarias para un concello como o de Cervo, de en torno a 4.800 habitantes, financiaría a practica totalidade dos gastos que representa ter aberto o P.A.I. de San Cibrao cuantificado en 54.379 euros ano, xa que a cifra de gastos dedicada a estas retribucións mais ás aportacións da Vicepresidencia da Xunta completarían case totalmente os gastos previstos no informe dos servizos de intervención municipal para este centro.
O BNG segue reclamando ao goberno municipal a integración do concello no Consorcio de Igualdade e Benestar como medio para compartir gastos e responsabilidades na mellora da asistencia social no concello, mais se o PP quere continuar en solitario ten que asumir as consecuencias e non facerlle pagar aos veciños as cargas das súas decisións políticas.
















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



