CERVO .- O concello de Cervo pide a veciños e entidades que aporten imaxes para un arquivo gráfico que pretenden crear baixo a iniciativa denominada “Buscando as Nosas Raíces” coa que pretenden recompilar fotografías antigas sobre a vida e costumes do concello e necesitan que “os veciños do concello e a todo tipo de asociacións aporten a documentación gráfica da que dispoñan” .
Nota de Prensa
As concellerías de Cultura, Asuntos Sociais e Patrimonio Cultural invitan a todos os veciños a aportar instantáneas anteriores ao 1975
O CONCELLO DE CERVO PON EN MARCHA UN PROGRAMA PARA ELABORAR UN ARQUIVO HISTÓRICO FOTOGRÁFICO
Cervo, 30 de outubro de 2008.- O Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Cultura, Asuntos Sociais e Patrimonio Cultural poñen en marcha unha iniciativa de ámbito municipal denominada “Buscando as Nosas Raíces” consistente na recompilación de fotografías antigas sobre a VIDA e COSTUMES DO CONCELLO.
Dende o goberno local pensamos que o todos os veciños do noso concello constrúen a historia de Cervo. Por iso, queremos crear entre todos (veciños, asociacións, colectivos, entidades, etc…) o Arquivo Fotográfico do Concello de Cervo: Unha gran historia contada foto a foto.
Dende aquí queremos facer un chamamento aos veciños do concello e a todo tipo de asociacións para que aporten a documentación gráfica da que dispoñan para poder elaborar así un arquivo fotográfico que se incorporaría ao actual arquivo histórico municipal; e posteriormente ORGANIZAR UNHA EXPOSICIÓN con todo o material acadado.
Aquelas asociacións, colectivos, veciños e veciñas do municipio que dispoñan de fotografías anteriores a 1975 e que estean interesados nesta iniciativa poderán ceder as súas instantáneas para incluílas dentro deste arquivo mediante a súa reprodución en soporte dixital; e así poder elaborar unha catalogación da vida e costumes do nosos termo municipal.
Para iso, persoal municipal adicarase a reunir os materiais que despois serán expostos nos distintos espazos municipais (salas de exposición e centros culturais de todo o concello). Os orixinais que se reciban serán escaneados antes de proceder á súa devolución aos propietarios; os cales, terán a potestade de engadir os seus nomes e outros datos persoais nos documentos.
Os propietarios dos orixinais deberán ceder en empréstito as súas fotografías, as cales, unha vez dixitalizadas, seranlles devoltas. Así mesmo, os que así o desexen, tamén poderán ceder as súas fotos en formato dixital (formato *TIFF ou *JPG, cunha resolución mínima de 300 puntos por pulgada).
Cada fotografía deberá ir acompañada de:
*
A) Unha descrición do motivo da fotografía, o lugar da realización, a data na que foi tomada (se é posible); e os nomes das persoas na que aparecen na foto.
*
B) Unha ficha cós datos persoais do propietario: Nome, apelidos, dirección e teléfono de contacto, co fin de poder remitir a cada participante as súas fotografías.
Como agradecemento a todos os participantes entregaráselles un CD coas fotografías presentadas para a exposición. As fotografías poderanse entregar no Concello de Cervo, na Casa da Cultura de San Ciprián, ou nos distintos centros sociais das parroquias rurais.
Para rematar, salientar unha vez máis que non queremos que este proxecto non se inicie aquí. Queremos que empece precisamente entre os veciños. Nas súas fotos persoais e familiares, aquelas que mellor contan a nosa vida, a de todos, a de Cervo. Porque detrás desas fotos está como fomos, como somos e como seremos. Está a nosa forma de vivir e a nosa proxección cara ao mañá. Por iso, convidamos a todos a participar, porque esas fotos que todos nós temos gardadas en albumes ou medio esquecidas entre caixóns ou en caixas de zapatos contan moito.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



