Nota de Prensa
Balseiro Orol interpreta que o rexeitamento das máis de 20 propostas presentadas polos populares deixa en evidencia a socialistas e nacionalistas, que só se acordan da comarca cando hai eleccións
NOVA LABAZADA DA XUNTA AOS VECIÑOS DA MARIÑA, AO REXEITAR AS PROPOSTAS FORMULADAS POLO PPdeG NO DEBATE SOBRE O ESTADO DA AUTONOMÍA
* O deputado mariñán do PPdeG advirte que non da por perdidas as súas propostas e adianta que as reconverterá en emendas no trámite parlamentario dos Orzamentos da Xunta para 2009
A Mariña, 15 de setembro de 2008.- O deputado autonómico do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, considera que a decisión de PSOE e BNG de rexeitar todas e cada unha das demandas referidas ás comarcas da Mariña lucense e recollidas nas propostas de resolución presentadas polo Grupo Popular no Debate sobre o Estado da Autonomía supón unha “nova labazada da Xunta aos veciños da nosa bisbarra”.
Para o deputado popular, o rexeitamento destas demandas revela que PSOE e BNG só se acordan dos veciños da Mariña en época electoral mentres lles dan as costas durante o resto do tempo. Con todo, Balseiro Orol apunta que non vai deixar de seguir reclamando a atención da Xunta ata que sexan corrixidas as principais carencias desta zona e xa adianta que as vai reformular para convertelas en emendas que defenderá durante o trámite parlamentario dos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2009, que se iniciará en breve no Parlamento de Galicia.
As propostas de resolución defendidas por Balseiro Orol e rexeitadas polos socios do Goberno bipartito no Debate sobre o Estado da Autonomía que rematou o pasado mércores na Cámara autonómica incluían demandas que contan cun elevado respaldo social como a necesidade de reclamar ao Goberno central unha partida orzamentaria específica para a apertura do dique norte de ALCOA ao tráfico xeral comercial, ou a creación da Autoridade Portuaria propia de Lugo, única provincia marítima española sen ente xestor portuario independente. De xeito especial o PPdeG buscaba, a través das súas propostas de resolución, acelerar o investimento na principal vía de comunicación chamada a articular e comunicar o norte lucense: a vía de alta capacidade Ferrol-San Cibrao-Barreiros. Os populares reclamaban “poñer fin ao desprezo de Xunta e Goberno central respecto deste proxecto, de tal xeito que sexa posible a súa entrada en funcionamento na súa totalidade no ano 2011, tal e como prometeu públicamente a Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte. En resume, PSOE e BNG néganse a dotar as infraestructuras necesarias para o seu desenvolvemento.
REORGANIZACIÓN DA XUSTIZA
No ámbito da xustiza o PPdeG reclamaba a reorganización do mapa xudicial das bisbarras mariñás, na procura dunha mellora da Xustiza, propiciando a achega deste servizo público ao cidadá e o reparto equilibrado da carga de traballo. Con este obxecto propuxo a otacion dun novo partido xudicial á provincia de Lugo, con xuridicción na comarca da Mariña oriental, e no que se incorpore un xulgado de primeira instancia e instrución na localidade de Ribadeo. Asemade os populares propoñen que o concello de Foz pasará a formar parte do partido xudicial de Mondoñedo e aumentaránse os recursos humanos que prestan o seu traballo nos xulgados de Viveiro.
UN SISTEMA SANITARIO AO NIVEL QUE LLE CORRESPONDE
Pese ao optimismo amosado pola Xunta os veciños da Mariña son conscientes do deterioro xeneralizado do sistema público sanitario. En base a iso, o o PPdeG reclamaba reforzar os Recursos Sanitarios a área de norte de Lugo para que a atencion sanitaria estea como minimo ao nivel que lle corresponda. E, a este respecto, debéranse acometer as xestións e investimentos necesarios co obxecto de desenvolver as obras de ampliación do Hospital da Costa de Burela e, xunto a iso, deberán adoptarse as medidas e previsións precisas para crear un servizo de urxencias durante as 24 horas no Centro de Saúde de Foz (Lugo), de xeito inmediato
No ámbito industrial, o PPdeG propoñía dotar de solo empresarial ao conxunto das bisbarras da Mariña lucense, apostando de xeito preferente impulsar a creación do cinto industrial no contorno da factoría ALCOA, por entender que servirá para mellorar o desenvolvemento económico e industrial do norte lucense
MELLORAR AS POSIBILIDADES DE ACCESO A UNHA VIVENDA
Simultaneamente, o deputado popular defendeu o impulso da vivenda protexida, na Mariña lucense, practicamente esquecida durante estes 3 últimos anos, en atención á alta demanda existente
Nas propostas do Grupo Popular tamén figuraba unha petición expresa para instar á Xunta a creación de máis prazas en Residencias, de Centros de dia, e de Escolas infantis “como corresponde á densidade de poboacion, dispersión dos núcleos habitados e taxa de envellecemento da Mariña lucense.”
Outras propostas reclamaban a finalización urxente dos traballos de concentración parcelaria en Mondoñedo Norte, tanto no referente á entrega das novas parcelas e dos seus títulos de propiedade, como respecto dos camiños de servizo e obras complementarias.
Finalmente, os populares demandan a asunción dos gastos de posta en funcionamento dos comedores nos centros escolares da totalidade da Mariña lucense.
Todas elas atopáronse coa oposición de PSOE e BNG que, reflectindo a soberbia do Goberno galego respecto das lexítimas aspiracións da nosa comarca decidiron representar unha nova labazada á Mariña lucense




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



