NOTA DE PRENSA
O PP convoca unha reunión de empresarios e comerciantes sobre o parque empresarial.
Os populares consideran prioritaria esta actuación.
Aproveitarán para falar do Centro Comercial Aberto.
O PP vén de convocar unha reuniòn de empresarios e comerciantes para falar da construcción do parque empresarial en Burela. A reunión, que terá lugar mañán, venres, ás oito da tarde, nos locais da Confederación de Empresarios Lucenses, CEL, de Burela, foi convocada para explicar os pasos que se teñen dado a efectos da construcción do parque empresarial, segundo afirmou o presidente do PP burelés e portavoz do Grupo Municipal, José María González Barcia.
González Barcia considera que nestes momentos, e mais ca nunca, o tecido empresarial de Burela está preocupado. Barcia considera que esa preocupación é múltiple, xa que estamos nunha situación de crise económica que agora xá ninguén nega; non se vé claridade na liña de actuación do bigoberno burelés para formalizar axudas para paliar os efectos da crise; tampouco se vé claridade á hora de abordar o parque empresarial, se non máis ven o contrario; hai dúbidas, e mui serias, sobre o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao pólo noso termo municipal, e todo eso está creando unha fonda inseguridade no tecido empresarial burelés, recalcou González Barcia.
Para o presidente do PP burelés e portavoz municipal, os empresários e comerciantes precisan de información clara e veraz, ademais de que desde as administracións se aposte por eles, pero con decisión. Nese senso, Barcia lembrou que a idea do Centro Comercial Aberto, mui avanzada nos últimos meses de mandato municipal do PP, agora está totalmente paralizada. Unha pena, segundo Barcia, que considera que se vén de perder unha boa oportunidade de reforzar o comercio de Burela ante a situación de crise que estamos a vivir.
O PP confia en que a asistencia sexa masiva e tamén en que os asistentes saian da reunión coas ideas claras e coa información precisa sobre o que se fixo, se está a facer, e o que se pode e debe facer.
O PP di que a CRTVG instalará unha cámara web no Porto de Burela.
Consideran que esto serve para promocionar o concello.
Afirman que a xestión foi feita polos representantes do PP no Consello de Administración da CRTVG, a petición dos populares de Burela.
O PP burelés afirmou hoxe que a TVG, a Televisión de Galicia, colocará no Porto de Burela unha cámara web, que permitirá ver en tempo real o peirao burelés.
Os populares recibiron onte, mércores, a noticia, por parte dos representantes do PP no consello de administración da CRTVG. Foran precisamente os populares de Burela os que instaran ós seus representantes a solicitar a colocación dunha webcam no porto burelés, por considerar de suma importancia para a promoción global do concello, tanto a nivel de actividade pesqueira coma de punto de interese turístico.
O PP burelés confia en que esta cámara web se coloque canto antes, e recoñecen o interese que puxo a propia TVG na colocación da indicada webcam, que servirá para ofrecer imaxes en directo coma ocurre coas colocadas nas grandes cidades galegas, en Pedrafita, ou outros lugares de interesse.
En Burela, a vintetrés de Outubro de dous mil oito.
O PP de Burela.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.