Nota de Prensa
O GMPP asegura que o alcalde non quere apoiar ás familias máis desfavorecidas.
Os populares consideran que baixa a contribución pola presión popular.
Afirman que o bigoberno debería non subir o recibo do lixo.
O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que nin o alcalde nin Nieves Cando teñen ningún interes en axudar ás familias máis desfavorecidas, tal e como se demostrou no pleno de onte, porque votaron en contra de axudar con bonificacións fiscais ou con liñas de axudas ás familias numerosas, con xubilados, dependentes, ou parados de media ou larga duración.
Para os populares, a situación de forte crise que se está a vivir debería ser motivo para demostrar que se pode facer máis polos máis desfavorecidos, tal e como propoñía o PP, pero os que se denominan progresistas dixeron que non.
O PP pediu que baixara a contribución duas veces no que vai de ano; as protestas populares foron moitas, e eso fixo que o alcalde caera da burra e recapacitase, porque a Idea inicial era mantelo coma este ano.
Cómpre lembrar que este ano o prezo dos vados aumentou o doble, que aumentou o prezo da axuda a domicilio; aumentou a contribución unha barbaridade, como se vé no seguinte cadro, e por eso teñen que baixala para o ano que vén:
VIVENDA TIPO COTA 2006 COTA 2007 COTA 2008 COTA 2009
Tipo 1………………….. 109’45€…………….98,47€……………109,02…………… 107,60€
Tipo 2………………….. 153’82€……………148’76€…………..176’02€…………..181’69€
Tipo 3………………….. 776’09€……………695’32€…………..765’95€…………..760,19€
Tipo 4………………….. 417’78€……………402’46€…………..474’60€…………..493’11€
Correspondendo o ano 2006 a goberno do PP; o ano 2007 aplicouse a baixada feita polo Partido Popular; o ano 2008, no que estamos, o alcalde e Nieves Cando negáronse a baixar a contribución, e xa se vé o incremento espectacular con respecto ó ano anterior, 2007; e para o ano que vén, xa se vé “o feito histórico” da baixada da contribución menos do 0.5% que di o alcalde o que representa para os contribuintes, gracias ó PP e á presión popular se pode levar a cabo. O cadro demostra que a baixa da contribución co PP foi real, en contra do que se dixo desde o PSOE e desde o BNG.
Ademais, o PP pediu que non subira o recibo do lixo, porque se se asumeu sen cargo directo ós cidadáns unha millora do servicio, tamén se pode asumir un incremento de entre vinte mil euros e vinte cinco mil. Ademais, a delegada de Facenda dixo que o servicio era malo, e fora deso limitouse a enumerar as ordenanzas fiscais e nada mais, proba de que non está capacitada para estes traballos, ainda que cobra. Polo tanto, se non se subeu o recibo da auga porque o servicio era malo, o mesmo argumento se debe aplicar ó recibo do lixo. Pero o alcalde respostou que o aumento só era un euro e cincuenta céntimos ó mes; se só eso, que significan dezaoito euros anuais, ben pode asumilo o concello.
Tampouco teñen intención de axudas ás famílias mais desfavorecidas: o PP pedia aumentar a gratuidade da axuda a domicilio, e votaron en contra, co que un bó número de persoas xubiladas ou con certa dependencia terá que pagar mais con este alcalde que co PP.
Polo tanto, na situación de crise que vivimos quedou demostrado onte, a base de votos, que o PP quere axudar ás famílias mais desfavorecidas e o alcalde e Nieves Cando sencillamente non.
O GMPP lamenta que o alcalde se plegue ante a Deputación.
Os populares din que non tén interes en evitar accidentes graves na carretera da Marosa.
Tamén afirman que nin o alcalde nin Cando defenden ós adxudicatarios das vivendas do Torno.
O GMPP lamentou que o alcalde se negar a solicitarlle á Deputación a reposición e arranxo da bionda de protección da estrada Burela-San Cibrao desde o Cabaliño hasta A Marosa, que presenta alomenos catro tramos mui deteriorados, un deles realmente peligroso.
Para os populares, esto representa dúas cousas, que o alcalde non tén interes em defender ós usuários desa carretera, na que xa houbo accidentes, e algún grave, e que non quere “molestar” á deputación e se plega ó que lle din desde a mesma, como fixo co subparque de bombeiros, que ia pedir e pedir, e ó remate calou a boca.
Polo tanto resulta sorprendente oirlle ó alcalde decir que el quere batir o record dos cen metros lisos facendo cousas; nós, sinceramente, non lle vemos moito xeito de que eso sexa así, e xa nos conformaríamos com que andivese algo todos os dias, porque polo que vemos e percibimos, e tamén o vé e percibe a xente, nin eso.
Tamén resulta triste que nin o alcalde nin Nieves Cando queiran apoiar ós veciños adxudicatarios das vivendas do Torno, pedíndolle á Xunta que axilice os trámites e entregue as chaves canto antes; deste xeito, xa sabemos que a Consellería de Vivenda organizará un acto político de entrega de chaves coincidindo coa próxima campaña electoral,o que sen dúbida sería unha vergoña e unha bulra ós adxudicatarios, que de momento non poden entrar nas súas casas.
O GMPP de Burela.
















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



