A MARIÑA .- Xa non so existe unha fin de semana no Madrid de Fitur para promocionar a comarca e algún que outro desliz para ir a outro evento. Agora parece que é distinto, así días pasados nove empresarios hostelerios e tres membros das fundacións comarcais estiveron en Navarra. A pasada semana A Mariña estivo representada na feira asturiana TURICOM e a próxima estará en EXPOGALAECIA en Vigo.
Actualmente, aseguran, as “fundacións comarcais apostaron por un proxecto de promoción dirixida que trata, fundamentalmente, de romper coa estacionalidad” baseándose en que “os datos de ocupación amosan que a Mariña lucense ten un forte tirón turístico en tempada alta”.
O obxectivo da iniciativa e “facer unha promoción en aqueles mercados emisores de proximidade que, dada a tendecia de fragmentación do tempo de ocio que se está a observar nos últimos tempos, poidan traer visitantes á comarca nas fins de semana”.
Atrás quedan as pretensiosas qurencias dun exclusivo turismo de calidade con dubidosa oferta e o esquecemento do turismo veciño, mesmo do lado, o que agora se recorre.
A falla de medios e profesionais na promoción turística en A Mariña substitúese pola experiencia adquirida nos anos de atraso e comezan a identificarse necesidades e marcarse obxectivos.
Fonte:
ACTIVIDADES DE “`PROMOCIÓN DIRIXIDA” DA MARIÑA LUCENSE
Neste ano 2.008, e unha vez analizada a situación actual da demanda turística de A Mariña Lucense, as Fundacións Comarcais apostaron por un proxecto de “promoción dirixida” que trata, fundamentalmente, de romper coa estacionalidade.
Os datos de ocupación amosan que a Mariña Lucense tén un forte tirón turístico en tempada alta, producto, entre outros moitos factores, da riqueza e diversidade dos seus recursos, da promoción que se leva facendo ininterrumpidamente dende fai xa máis de dez anos nas grandes feiras, da calidade dos seus establecementos, etc. Pero, a pouco que se analicen os datos, atopámonos con que os índices de ocupación poderían ser manifestamente mellorables na tempada baixa.
Por esto, as Fundación Comarcais da Mariña Lucense, dentro dun proxecto global de Desenvolvemento Turístico decidiron apostar por facer unha promoción en aqueles mercados emisores de proximidade que, dada a tendecia de fragmentación do tempo de ocio que se está a observar nos últimos tempos, poidan traer visitantes á comarca nas fins de semana, pontes festivos, etc.
Algunhas das accións incluídas neste proxecto (que foi financiado integramente pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e a Dirección Xeral de Turismo) puxéronse de largo na pasada fin de semana. Elaborouse un stand promocional para A Mariña Lucense que presenta de xeito sinxelo pero de grande vistosidade os elementos e recursos que nos identifican dende o punto de vista patrimonial, natural, etnográfico, etc.
Con esta nova ferramenta promocional acudiuse á feira TURICOM que se celebrou do 24 ó 26 en Gijón com un resultado que se pode calificar de “éxito rotundo”. Neste evento distribuiuse o folleto promocional da Mariña Lucense que a Dirección Xeral de Turismo e Turgalicia elaboraron a principios de este ano, así coma os materiais promocionais dos concellos que forman a Asociación para o Desenvolvemento Turístico da Mariña Lucense. A feira estaba dirixida a público final que esgotou todo o material de que se dispoñía.
Nesta semana acometeráse o segundo evento que se elexiu para este modo de promoción que será a feira EXPOGALAECIA a celebrar en Vigo os días 31 de Outubro e 1 e 2 de Novembro na que esperamos unha receptividade semellante á acadada en Asturias, en tanto que o público procede na súa maioría do sur de Galicia e o norte de Portugal, territorio emisor de visitantes que pola proximidade xeográfica e a afinidade amosa grande interese pola nosa zona. Asemade, dentro deste evento feiral celébrase unha bolsa de contratación, polo que contaremos coa presencia de operadores, axencias e profesionais, que, esperamos poidan abrir vías de comercialización para A Mariña.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



