Nota de Prensa
O alcalde lembroulle ao nacionalista que as cantidades percibidas polas concelleiras con adicación parcial son transparentes e non se agochan detrás de cobros por asistencias a plenos ou comisións
VILLARES DILLE AO VOCEIRO DO BNG QUE DIGA O QUE COBRA COMA ASESOR DO BNG NA DEPUTACIÓN
Cervo, 29 de outubro de 2008.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, dixo onte que “sería de cabaleiros” que o portavoz do BNG na corporación municipal, Xoán Antón Estua, faga público o seu soldo coma asesor do BNG na área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo.
O primeiro edil cervense sae así ao paso das críticas do voceiro nacionalista sobre as cantidades que perciben as concelleiras con dedicacións parciais neste municipio. Para Villares, as cantidades asignadas aos concelleiros con responsabilidades no Goberno local “son claras e transparentes”. “Son cantidades fixas ao mes que non se agochan detrás de triquiñuelas contables coma as das dietas por asistencias a plenos e a comisións como se fai noutros concellos” asegurou Villares. Neste senso salientou a necesidade de que as persoas con responsabilidade nas distintas áreas municipais poidan percibir algún tipo de remuneración pola súa labor a prol dos cidadáns. “Estamos a falar dunhas cantidades que roldan os 400 euros ao mes por adicarlle moitas máis horas das que poda imaxinar o voceiro do BNG para que este Concello poida seguir mantendo o grao de servizos que ten”.
Xa que foi o voceiro nacionalista quen sacou “este tema a relucir” Villares botou en falla que non fora Estua o primeiro en “predicar có exemplo” e informase á cidadanía de cal é a cantidade que cobra ao mes coma asesor “de non se sabe que” na Deputación de Lugo. “E xa de paso, tamén sería bo que a señorita Lara López nos dixera cales son as cantidades totais que percibe no seu cargo coma vicepresidenta da Deputación” indicou Villares.
Para o alcalde, os dous políticos na oposición cervense que desenvolven a súa labor na Deputación están a gozar de soldos “máis desafogados” dos que cobran os concelleiros cervenses. “E a maiores, estes dous señores están primados con outras prevendas coma dietas ou coches oficiais. E todo para facer unha labor escura que se achega máis ao traballo de partido que ao traballo nunha institución pública” sinalou.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



