CERVO .- O goberno municipal de Cervo inclúe na orde do día do próximo pleno unha proposta para conxelar o imposto de circulación, a taxa do servizo de axuda a domicilio e tamén as taxas pola expedición de documentos e certificacións. Según indican “a reforma nas taxas e tributos locais será aprobada con toda probabilidade na sesión plenaria que terá lugar o xoves” coa finalidade de “levar a cabo un esforzo importante da contención da presión fiscal para favorecer a situación das economías familiares máis afectadas pola actual crise. O resto dos tributos locais serán actualizados conforme ao Índice de Prezos ao Consumo”
Nota de Prensa
O consistorio está a levar a cabo “un esforzo importante de contención da presión fiscal para favorecer a situación das economías familiares máis afectados pola crise”
CERVO CONXELA O IMPOSTO DE CIRCULACIÓN E A TAXA DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO
• Beneficiaranse máis de 3.692 vehículos de veciños deste concello que no 2008 ingresaron 182.946 euros ás arcas municipais
• Procederase á actualización do IPC no resto das taxas locais
Cervo, 25 de novembro de 2008.- O Concello de Cervo conxelará o imposto de circulación, a taxa do servizo de axuda a domicilio e as taxas pola expedición de documentos e certificacións. A través desta medida o consistorio pretende levar a cabo un esforzo importante da contención da presión fiscal para favorecer a situación das economías familiares máis afectadas pola actual crise. O resto dos tributos locais serán actualizados conforme ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC)
A devandita reforma nas taxas e tributos locais será aprobada con toda probabilidade na sesión plenaria que terá lugar o xoves 27 de novembro a partir das 18 horas. Coincide no tempo con plan de control do gasto que se está a desenvolver desde o consistorio municipal reducindo aquelas partidas máis supérfluas así como os gastos correntes en material de subministros oficinas e protocolo.
CONXELACIÓN DE IMPOSTOS.
O Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), segundo tributo en importancia da facenda pública local, non verá incrementado as súas cuantias de tal xeito que a conxelación beneficiará a máis de 3.692 vehículos de veciños deste concello. Durante o 2008 os ingresos por este concepto foron preto de 183.000 euros. A cota do imposto de circulación en Cervo é a máis baixa da comarca da Mariña pois é a mínima permitida por lei.
Por outra banda, o Goberno municipal impulsa tamén unha medida de carácter social. O preto de medio centenar do usuarios do Servizo Municipal de Axuda a Domicilio non verán incrementada tampouco as cantidades que pagan pola asistencia que reciben.
Tampouco virase incrementada a taxa que vén a gravar a expedición de documentos como poden ser as certificacións censais, volantes do padron de habitantes ou de bens, así como as solicitudes. O Goberno municipal busca conxelar estes custes derivados de xestión burocráticas.
ACTUALIZACIÓN DO IPC
O resto dos tributos municipais, entre as que se atopa o imposto sobre construcións e a taxa por licenzas urbanísticas, a de realización de trámites catastrais, apertura de establecementos, ou a do servizo de recollida de lixo serán actualizadas segundo o Indice de Prezos ao Consumo (IPC) que, no mes de referencia (setembro) foi dun 4,5%.
MELLORA A RECOLLIDA DE LIXO SEN INCREMENTO DO CUSTE
Como dato indicativo é preciso subliñar que, por exemplo, no que ao imposto polo servizo de recollida de lixo se refire, o recibo verase incrementado en algo máis de 60 céntimos. O Concello de Cervo non repercutirá o incremento do custe deste servizo que levou a cabo SOGAMA, empresa pública que fai o tratamento dos residuos dos distintos municipios galegos e, á vez, no que levamos de ano, puxo en marcha o servizo de recollida de aceites domésticos, sen por iso aumentar a taxa do servizo de recollida por enriba do IPC.
No caso da taxa polo uso das instalacións deportivas do Club de Rio Cobo o importe dos tikets para a reserva das pistas de tenis, squash, etc. non se modifican coa finalidade de simplificar as operacións de cobro, de tal xeito que os prezos fixados seguen a ser cantidades en números redondos.
A idea do Goberno municipal é que unha e outras medidas non afecten en ningún caso aos investimentos e servizos que se lle están a prestar aos cidadáns pero tamén, evitar que se lle sobrecargue aos cervenses con máis impostos, tal e como se está facer noutros municipios. De feito, ningunha das taxas e tributos municipais sufrirán un incremento nas súas coutas salvo o derivado da actualización do IPC. En todo caso nin a conxelación de impostos, nin a actualización dos tributos restantes afectará aos investimentos e servizos que se lle prestan aos cidadáns.
ESCOLAS DEPORTIVAS
Como quito punto da orde do día no vindeiro pleno tamén incorpórase a modificación da ordenanza reguladora das Escolas Deportivas Municipais. Xunta a actualización do IPC introdúcense unha serie de precisións que cabe subliñar tras a experiencia obtida no primeiro ano de funcionamento deste novo servizo. Fundamentalmente aclárase o procedemento de alta e baixa que os alumnos deben realizar no caso de estar interesados en desenvolver algunha das actividades deportivas que se están a levar a cabo, tanto na modalidade de adultos como no caso das Escolas Deportivas para as rapazas e rapaces do concello. Máis dun centenar de cervenses forman parte das escolas.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



