Antonio Ameijide e José María Fernández comprobaron a situación desta estrada provincial xunto ao voceiro do PP de Lourenzá, Roberto Díaz, e a concelleira Sandra Gómez
Lugo, 26 de febreiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial, Antonio Ameijide e José María Fernández, xunto ao voceiro do PP en Lourenzá, Roberto Díaz, e a concelleira Sandra Gómez, comprobaron “o perigo” que supón o tapón urbanístico que hai ao comezo da estrada provincial LU-P-2801, en Lourenzá.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recorda que “xa recibimos varias queixas sobre a circulación neste punto, xusto no inicio desta estrada” polo que “urximos a PSOE e BNG a sentarse a falar cos propietarios do inmoble, xa que segundo eles mesmos nos confirmaron están dispostos a ceder a casa sen custo algún para poder dar unha solución a este problema”.
Na marxe da estrada provincial LU-P-2801, no núcleo de Santo Tomé, atópase un histórico tapón urbanístico que supón un estreitamento da calzada e a ausencia dunha beirarrúa que garantan a seguridade de vehículos e peóns no entorno, unha reclamación que xa se defendeu en varias ocasións no pleno provincial, a última en novembro de 2025.
Antonio Ameijide recorda que neste pleno “Pilar García Porto ilustrounos con varias mentiras, como nos ten acostumados”, xa que defendeu que non tiña coñecemento de problema algún neste punto, así como que en ningunha estrada provincial hai beirarrúas, chegando a afirmar que “ela mesma estivo nese punto e non atopou problema algún”.
“Esas afirmacións son mentira. A primeira, porque dende o Grupo Provincial Popular xa comunicamos o problema en varias ocasións, ademais de que o problema é evidente e se realmente Pilar García Porto estivo nesa localización, como nós si fixemos en varias ocasións, podería comprobar como no punto quilométrico 0 xa comezan as beirarrúas”, denunciou.
Por este motivo, Antonio Ameijide esixe a Pilar García Porto “a deixar de mentir e traballar polos veciños da provincia” así como a PSOE e BNG que “se preocupen de verdade pola seguridade na rede viaria provincial e o correcto mantemento das estradas, eliminando todos aqueles puntos perigosos para os condutores”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



