NOTA DE PRENSA:
IMPORTANTE COMUNICADO PARA TODOS OS VECIÑOS DE NOIS
DESDE O MES ABRIL QUE REMATOU O MANDATO DÁ XUNTA DIRECTIVA DAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DESTA PARROQUIA E NON PRESENTAR-SE CANDIDATURA ALGUNHA PARA O SEU RELEVO, DITAS ASOCIACIÓNS ESTÁN SEN ELAS, A PESAR DE HABERSE TENTADO VARIAS VECES.
NON OBSTANTE ALGÚNS MEMBROS DÁ ANTERIOR XUNTA DIRECTIVA A TITULO PERSOAL. E PARA QUE NON DESAPAREZA ALGO TAN IMPORTANTE PARA ESTA PARROQUIA COMO SON ESTAS ASOCIACIÓNS, TENTOU E SEGUE TENTANDO POR ULTIMA VEZ :
PARA ISO CONVÓCASE A TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DE NOIS POR ULTIMA VEZ.
O PRÓXIMO DIA: 16 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 HORAS NO CENTRO SOCIAL ” A SAÍRA “, CON DOUS ÚNICOS PUNTOS :
1º.- PRESENTACIÓN E ELECCIÓN SE AS HOUBESE DÁS CANDIDATURAS Á AGRUPACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA E Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN XULIAN DE NOIS.
2º.- DE NON EXISTIR CANDIDATURAS, DISOLUCIÓN DÁS MESMAS SEGUNDO CONTEMPLAN OS ESTATUTOS. POLO QUE HABERÁ QUE TOMAR AS SEGUINTES ACORDOS:
o QUE FACER CO CENTRO SOCIAL “A SAÍRA“ DE PROPIEDADE DOS VECIÑOS, CONTRATOS DE AUGA, LUZ, TELEFONO, SEGURO, ETC.
o DESTINO DOS FONDOS ECONÓMICOS QUE PODAN EXISTIR NESE MOMENTO NAS DEVANDITAS ASOCIACIÓNS.
NOIS A 12 DE OUTUBRO DO 2008



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



