NOTA DE PRENSA:
O GMPP denuncia que a Deputación non investirá nada nas súas estradas en Burela.
Non se contempla a reparación da bionda da estrada da Marosa.
Tampouco se contempla ningunha millora na estrada de Rúa.
O GMPP denunciou hoxe que a Deputación Provincial de Lugo non investirá nada nas estradas que son da súa propiedade ó seu paso por Burela, coma a Burela-San Cibrao ou a Burela-Rúa.
O único previsto é a retirada de posibles materiais procedentes de desprendementos e nada máis. De feito, non está prevista a renovación da bionda da estrada da Marosa, que en alomenos catro puntos está mui deteriorada e un deles presenta grave risco.
Tampouco hai nada previsto na estrada de Burela a Rúa, que hai que lembrar que está preparada para que se faigan aceras na súa marxe dereita en dirección Rúa.
Esta información despréndese do estudio do proxecto de conservación e mantemento das estradas da Deputación correspondente á área un, na que se encadra Burela, e vén a desmentir o que dixo o alcalde na sesión plenaria do pasado xoves, afirmando que o plano de seguridade vial da Deputación incluía o arranxo da bionda. Xa no pleno se lle dixo que o que dicía non era certo, e que as medidas de seguridade so incluían o limpado de cunetas onde sexa preciso, e a mellora de algunha curva, que no caso de Burela tampouco se dará.
O GMPP considera que o elevado número de accidentes que se producen na estrada Burela-San Cibrao no tramo que discurre polo termo municipal de Burela constitúen motivo máis que suficiente para tomar medidas inmediatas en canto a seguridade e cambiar a bionda.
Pois ben, o tempo dalle a razón ó PP e demostra que o alcalde non tén ningún interese en nada que non sexa chegar a fin de mes e cobrar. Tanto e así, que tivo que ser o propio Grupo Popular o que se dirixise á Deputación para dar conta do estado da bionda, e solicitar que se proceda á súa substitución ou inmediato arranxo, cousa que se fixo a través do pertinente escrito presentado hoxe mesmo no rexistro do ente provincial.
En Burela, a sete de Novembro de dous mil oito.
O GMPP de Burela.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



