Nota de Prensa
O GMPP pide maior compromiso do goberno do Estado con Burela.
Fernández Valle e Pernas Chao din que os presupostos de 2009 son mellorables.
Os populares lembran que a nova Capitanía foi xestionada polo equipo de González Barcia.
O GMP afirmou hoxe, a través dunha nota de prensa, que o goberno do Estado pode e debe aumentar o seu compromiso con Burela, xa que os presupostos para 2009 son manifestamente mellorables.
Os concelleiros do PP, Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas, consideran que os investimentos do Estado en Burela esquecen dúas obras fundamentais, a millora do entronque da travesía municipal coa N-634 dirección Cervo e reforma do Cuartel da Garda Civil; no que se refire á primeira obra, os concelleiros do PP afirmaron que xa hai un estudio feito pola Demarcación de Carreteras da provincia de Lugo, e ademais o fluxo de tráfico é considerable, co que a obra se vai facendo cada día que pasa máis necesria; no que se refire ó Cuartel, lembran que é un dos últimos acuartelamentos feitos na época de Roldán, e presenta deficiencias que se agravan ano a ano, ademais de lembrar que é a sede da compañía da Garda Civil asentada na Mariña e do destacamento de tráfico
Pero Fernández Valle e Pernas Chao foron máis alá. Consideran que o pleno do Concello de Burela debe posicionarse firmemente demandando unha dotación orzamentaria suficiente para o corredor Barreiros-San Cibrao, de tal xeito que permita abordar inmediatamente estudios e proxectos. Os populares consideran que o BNG fai o ridículo e xa non engana a ninguén decindo na Mariña que hai que axilizar a obra e votando a favor dos presupostos en Madrid, e que o PSOE non tén ningún interese por esta obra. Obra que para os populares é fundamental, porque será vía fundamental de canalización da actividade portuaria de Burela hacia o exterior.
Pablo Pernas e Manuel Fernández lembraron tamén que a xestión do novo edificio de capitanía en Burela foi obra do equipo de González Barcia, xa en 2005, e que pode e debe aumentarse a dotación existente para a construcción do edificio xa en 2009. Consideran que o proceso de cesión da parcela por parte da Xunta ó Goberno do Estado foi extraordinriamente lento, o que vai en detrimento da calidade operativa da Capitanía de Burela.
Por todo o indicado, o PP de Burela vén de presentar unha moción para debatirse no Pleno da Corporación burelesa, na que os acordos que se solicita que se adopten son os seguintes:
1 .- Demandar do Goberno de España a consignación de fondos suficentes en 2009 para facer os estudios pertinentes do corredor Barreiros-San Cibrao.
2 .- O Pleno do Concello de Burela ratifica o acordo plenario adoptado por unanimidade no anterior mandato no que se solicita ó Ministerio de Fomento que o trazado do indicado corredor pase polo sul do Concello.
3 .- Demandar do Goberno de España a inclusión nos presupostos da nación para o ano 2009 as seguintes partidas predeterminadas:
• Acceso oeste a Burela desde a estrada 634: redacción de proxecto e inicio de trámites administrativos.
• Acondicionamento do Cuartel da Garda Civil de Burela: redacción de proxecto e inicio de trámites administrativos.
4.- Demandar do Goberno de España o incremento en 300.000’00€ na consignación para a construcción da nova capitanía marítima de Burela.
5 .- Demandar do Goberno de España a consignación de fondos necesarios nos presupostos de 2009 para a realización de estudios, proxecto, adxudicación e expropiacións do AVE Ferrol-Irún.
6 .- Trasladar os presentes acordos ó Presidente do Goberno, Ministro de Economía, mesas do Congreso e do Senado, e portavoces dos grupos do PP, PSOE e BNG tanto no Congreso dos Deputados coma no Senado.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



