NOTA DE PRENSA:
O deputado mariñán Jose Manuel Balseiro rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa interesándose por esta situación que atribúe a unha manobra do Goberno bipartito galego para ocultar o deterioro real do sistema público sanitario na nosa comarca
SATISFACCIÓN NO PPdeG PORQUE SANIDADE RECTIFICA A SÚA POSICIÓN ACTUAL E ADQUIRE O COMPROMISO FORMAL DE NOMEAR A REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA MARIÑA NA COMISIÓN SANITARIA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DA ÁREA NORTE DE LUGO
* Os populares emprazan ao departamento que dirixe a socialista María José Rubio Vidal a ordenar, de xeito inmediato, a publicación dos novos nomeamentos no DOGA co obxecto de que os mesmos adquiran validez oficial.
* Esta é a primeira vez que Sanidade asume o seu “suposto erro” en sede parlamentaria, tras ser emprazados a facelo desde o Grupo Popular.
A Mariña, 06 de novembro de 2008.- O Partido Popular de Galicia amosou a súa satisfacción tras o anuncio efectuado polo secretario xeral do SERGAS Cayetano Rodríguez Escudero que se comprometeu hoxe, na Cámara autonómica, ao nomeamento de novos representantes veciñais procedentes de varios colectivos da Mariña lucense dentro da Comisión Sanitaria de Participación Cidadá, isto é, no organismo que ten encomendada a supervisión e control de calidade da actividade asistencial nos centros de saúde da área norte lucense e no Hospital da Costa.
Polo de agora, atendendo á orde publicada no DOGA o 10 de setembro de 2008, os representantes das asociacións de veciños nesta comisión sanitaria son persoas residentes na cidade de Lugo situación que, segundo o PPdeG, “supoñía un grave incumprimento da normativa vixente e un despropósito inaceptable que está a xogar en contra dos intereses dos veciños da nosa área sanitaria -denominada oficialmente Cervo Burela- e que abrangue todos os concellos da Mariña lucense excepto A Pontenova.
PRESIÓN DA SOCIEDADE MARIÑÁ
Malia que a Consellería de Sanidade atribuíu a esta circunstancia a un “erro” e xa adiantou que procedería a súa corrección, está é a primeira vez que Sanidade adquire o compromiso dun xeito oficial, máis en concreto, en sede Parlamentaria. Balseiro Orol, deputado popular autor da pregunta parlamentaria que foi obxecto de debate no día de hoxe atribúe esta rectificación da Consellería de Sanidade “ás presións recibidas desde a sociedade mariñá que non se conformaba con este novo exemplo de discriminación e desprezo por parte do Goberno galego”
O PP URXE A PUBLICACIÓN DOS NOVOS REGULAMENTOS NO DOGA
Se vén xa existe unha lista oficial cos futuros candidatos a ocupar os postos de representación veciñal da comisión sanitaria da área norte lucense -candidatura consensuada por aquelas asociacións veciñais que amosaron o seu interese en participar neste órgano-, o certo é que a día de hoxe o departamento que dirixe a socialista Maria José Rubio Vidal non ordenou a publicación destes novos nomeamentos no Diario Oficial de Galicia. Precisamente desde o Grupo Parlamentario Popular reclaman con urxencia efectuar este trámite de obrigado cumprimento “para que os novos nomeamentos poidan adquirir validez oficial”.
VONTADE DE OCULTAR A CRÍTICA SITUACIÓN ACTUAL
Finalmente, os populares amosaron a súa desconfianza en que, a situación da que estamos a falar sexa un erro, explicación na que insistiron no día de hoxe desde o SERGAS, e máis ben o atribúen a unha manobra da Xunta para evitar que os veciños da Mariña poidan xulgar a situación do sistema sanitario comarcal. “Temen que, conscientes da súa situación crítica e do empeoramento sufrido nos últimos anos, dean ao traste con todos os esforzos de propaganda que están a realizar desde o Goberno bipartito”


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



