Nota de Prensa
O GMPP ratifica a existencia de irregularidades en certos procesos de selección de persoal.
As irregularidades afectan ós procesos de selección de persoal laboral fixo de GAIA, oficiais e peóns.
O desarrollo da proba práctica dos peóns está nun folio escrito a ordenador sen membrete nin selo oficial.
O GMPP ratificou hoxe, a través dunha nota de prensa, a existencia de irregularidades nos procesos de selección de persoal laboral fixo de GAIA, oficiais e peóns.
Os populares, que tiveron acceso á documentación logo de tela solicitado hai catro meses, afirman que no test realizado ós aspirantes de GAIA pregúntase pola dirección da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, algo que non entraba no programa, e por riba as respostas son incompletas, porque se citan dúas rúas, pero non se cita nin o número, nin a vila ou cidade á que pertencen: son Ronda da Muralla e AVda. da Coruña,.
Ademais, hai unha pregunta sobre o nome do conselleiro de Medio Ambiente, cuestión que tampouco estaba no programa: pero unha das respostas tén contido político, porque cita ó actual portavoz do PSOE no Congreso, José Antonio Alonso.
Outra pregunta da proba test fai mención a que concelleiro, entre Legaspi, Bouza e Fraga, forman parte da Xunta de Goberno local de Burela; tampouco esto entraba no temario.
E vistos os exames de galego, temos serias dúbidas sobre a exactitude na corrección levada a cabo.
No que se refire ás probas de oficias e peóns, a proba tipo test inclúe preguntas sobre a Corona, que non entraba no programa, e pregútnase sobre nomes científicos de especies vexetais, que tampouco entraban no temario; o que sí entraba eran as zonas verdes, árbores e plantas, pero para nada os nomes científicos.
Na acta da proba realizada o día 27 de Maio, constátase a duplicidade de exames, xa que se fai constar que por parte da presidencia se aporta un, e por parte da secretaría do tribunal se aporta outro que estivo custodiado conforme á lexislación vixente.
Na proba realizada para o acceso ás prazas de peóns, a acta de catro de Xuño di literalmente que a presidencia “facilita ós demais membros do Tribunal unha copia do test que elaborou ó efecto”, o que demostra que non foi o Tribunal o que fixo o examen, e non garante que ese examen non se coñecera antes da realización da proba.
Na acta de realización da proba práctica de peón celebrada o día doce de Xuño, faise constar expresamente que a presidencia , dirixíndose ó tribunal, “…explica en que consitirá a proba práctica e a tal efecto comenta que se elaboraron dous tipos de probas, de electricidade e de mantemento…O Tribunal acorda dar a escoller ós aspirantes entre as dúas probas…”. O que quere decir que a proba práctica non a decidiu o Tribunal e que cabe a posibilidade de que as probas foran coñecidas de antemán.
Finalmente, indicar que consta no expediente das probas de peóns a descripción do examen práctico de electricidade nun folio feito a ordenador, sen membrete nin selo do concello, o que non garante que esta proba estivese debida e legalmene custodiada e fose absolutamente descoñecida para os aspirantes.
Para os populares, estas irregularidades están constatadas despois de ver os expedientes respectivos. Os populares consideran que o alcalde, incumplindo a lei, retrasou voluntariamente a consulta da documentación por parte da oposición, proba de que algo había que ocultar e advirten que esto non o permitirán.
Ademais, consideran que o responsable de todas estas irregularidades son o alcalde e a concelleira delegada de Persoal, por deixación de responsabilidades: o alcalde é o máximo resonsable dos procesos de selección, porque nomea ós membros do tribunal, e tén que saber en todo momento como transcurren os procesos de selección. A delegada de persoal xa sabemos que está plenamente convencida que o concello é o seu corralito particular.
Finalmente, o PP afirma que se algún aspirante denunciara xudicialmente tales irregularidades, os procesos poderían chegar a paralizarse.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



