CERVO .- A Deputación Provincial amañará a estrada de Rúa a San Román según indican dende o Concello de Cervo e explican que “o acordo acadouse no transcurso da xuntanza celebrada este mediodía” entre representantes dos veciños, do concello e “na que tamén participou a voceira socialista da oposición e membro do Goberno provincial Lara Méndez”.
Nota de Prensa
A estrada de titularidade provincial presenta múltiples deficiencias polo abandono e despreocupación da Deputación, que ata o momento negouse a efectuar as labores de mantemento e as reparacións necesarias, tal e como se lles viña reclamando reiteradamente desde o Goberno municipal
A PRESIÓN EXERCIDA POLO ALCALDE DE CERVO E OS VECIÑOS DE RÚA E SAN ROMÁN OBRIGA Á DEPUTACIÓN A COMPROMETERSE COA MELLORA DO VIAL QUE UNE AMBAS PARROQUIAS
Cervo, 12 de decembro de 2008.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez mantivo no día de hoxe unha xuntanza con representantes de diversos colectivos e veciños das parroquias de Rúa e San Román. O rexedor municipal convocoulles co obxecto de dar conta das distintas reclamacións efectuadas polo Goberno municipal ante a Deputación para que o organismo provincial procedera á corrección urxente das deficiencias que presentan varios treitos da estrada que une estas parroquias co veciño municipio de Burela. Gran parte destes desperfectos converten un dos traxectos máis empregados polos veciños das devanditas parroquias nun espazo practicamente intransitable, de xeito especial, naqueles puntos que, por mor das obras que se están a desenvolver, aínda permanecen sen asfaltar ou presentaban fochancas e outro tipo de imperfeccións, agravadas ademais polas últimas choivas. A día de hoxe o único traxecto alternativo dos veciños de Rúa e San Román é unha estrada de titularidade municipal coñecida como Seixoso, pois as deficiencias da estrada provincial levan presentes durante máis de dous meses.
A presión exercida polo Alcalde de Cervo e as críticas recorrentes dos veciños de Rúa e de San Román lograron o seu obxectivo e a Deputación Provincial comprometeuse a mellorar a vía e a corrixir gran parte das actuais deficiencias. O acordo acadouse no transcurso da xuntanza celebrada este mediodía e na que tamén participou a voceira socialista da oposición e membro do Goberno provincial Lara Méndez. Alfonso Villares lamentou que sexa necesario convocar aos veciños e esperar dous meses para que representantes do Goberno provincial dean a cara e asuman a realidade duns desperfectos que todos poden ver.
Tanto os veciños como os representantes locais fixeron fincapé en deixar claro que a actuación a desenvolver pola Deputación non pode quedarse nun mero arranxo provisional; e coidan que o organismo provincial consigne unha partida orzamentaria nos presupostos do vindeiro ano para acometer o asfaltado dos 1,6 quilómetros que faltan por pavimentar. Así como tamén os membros do Goberno municipal e os veciños reclaman á Deputación que asuma, cos seus medios a inmediata corrección das deficiencias máis salientables, actuación de urxencia que debe acometerse nas vindeiras datas. Finalmente acordaron enviar unha carta o Presidente provincial para que se achegue a comprobar in situ o mal estado da estrada e poida asumir os traballos para corrixir estas deficiencias nesta vía da súa competencia.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



