NOTA DE PRENSA:
O GMPP afirma que o concello perde dúas axudas da Deputación.
Os populares lamentan que non se accedera a a subvencións de Benestar.
Din que así se perxudica ás famílias de Burela con nenos pequenos.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que o concello perdeu dúas axudas da Deputación na área de Benestar Social, destinadas á conciliación da vida familiar e laboral.
Os populares aseguraron que a Xunta de Goberno da Deputación concedeu o pasado 28 de Novembro cincuenta subvencións a outros tantos concellos para a promoción do ócio infantil de cara a facilitar a conciliación familiar nos concellos; só se lles denegou a dous por defecto de forma. Dentro deste capítulo, o GMPP afirma que hai concellos que recibirán entre vinte e trinta mil euros, e mesmo o de Monforte recibirá máis. Os populares din que eses cartos podían destinarse a actividades para a población infantil, coma Ribadeo, ou mesmo a millorar os parques infantis, coma o caso de Mondoñedo, onde goberna o Bloque. Pero o concello de Burela non está entre os peticionarios.
Pero o GMPP vai máis alá, porque asegura que na mesma sesión da Xunta de Goberno, a Deputación concedeu vintecinco axudas a outros tantos concellos para o mantemento de equipamentos de titularidade pública para a conciliacion familiar, e o concello de Burela tampouco está entre os peticionários; algún concello, coma é o caso de Barreiros, gobernado polo PP, levarán cáseque noventa mil euros, mentres que Burela levará cero euros, coma no caso anterior.
Polo tanto, os populares estiman que Nieves Cando debe aclarar esta situación: se se pediron as subvencións, por que Burela non aparece como adxudicatario nin como peticionário, e se non se pediron, por que se deixou pasar esta oportunidade. Neste senso, o GMPP adiantou que o PP pedirá que desde o concello se lle propoña á Deputación a sinatura dun convenio para correxir esta situación. O que non podemos é tolerar que a xestión de Nieves Cando, que tén moito tempo para sair nas fotos pero pouco ou nada para traballar, signifique un beneficio de cero euros para os nosos veciños.
O GMPP considera que o concello tén a obriga de acceder a todo tipo de subvencións desta índole, porque significan aportacións importantes para a nosa poboación infantil. Pero como non se solicitan, o GMPP estima que todo o que fai o bigoberno burelés é vender fume, porque os resultados saltan á vista
Os populares consideran que tal circunstancia é a mostra de que o pouco ou nulo traballo, que hasta agora se lle podia adxudicar en exclusiva ó alcalde, comenza a ser contaxioso, porque agora tamén lle afecta a Nieves Cando. Cada dia que pasa os cidadáns están teñen mais claro que o alcalde e Nieves Cando están para cobrar um bon soldo a fin de mes e nada mais.
En Burela,a nove de Decembro de dous mil oito.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



