NOTA DE PRENSA
O GMPP considera que os presupostos municipais para 2009 non axudarán a superar a crise.
Os populares aseguran que os investimentos só supoñen o seis por cento dos presupostos.
Afirman que as axudas a famílias e para xerar emprego non existen.
O GMPP manifestou hoxe nunha nota de prensa que os presupostos de Burela para 2009 son xusto o contrario do que Burela precisa para aguantar as envestidas da crise econômica, e o que van provocar é un empeoramento das condicións de vida dos veciños e veciñas de Burela.
Para os populares, que afirman que os presupostos baixan cáseque un vinte por cento, xa que se pasa de 8’3 a 6’7 millóns de euros, os investimentos reais en Burela para 2009 suporán escasamente catrocentos mil euros, ou sexa, o seis por cento do total do presuposto.
Deste xeito, segundo os populares, confírmase o que xa dixeron a mediados de ano, que xa daquela había un desfase de algo máis de un millón de euros que serían imposible de recuperar. Agora vese que o desfase, ademais de ser certo, engordou, porque a fin de ano é de um millón seiscentos mil euros.
Ademais, as subvencións redúcense á nada, as axudas a famílias serán irrelevantes, e non hai nada para a xeneración de emprego, polo que a política social do concello queda reducida á mínima expresión, o que é mais grave na situación en que nos atopamos.
Por eso, non compartimos o critério do alcalde: se este ano que remata, con oito millóns trescentos mil euros de presuposto, Burela contou, segundo eles, “cos presupostos que Burela necesitaba”, agora din que os de 2009 son “realistas”, co que cabe preguntarse se os do ano pasado non o eran, cando a única medida anticrise que figuran nos orzamentos é a conxelación dos soldos do alcalde e de Nieves Cando, que ademais de ser irrelevante foi considerada hai meses polo alcalde como innecesaria.
Para o PP, cabe preguntase se agora se seguirán facendo festas, gastando alegremente en carpas, e facendo propaganda e autobombo.Haberá que ver como se liquida o presuposto deste ano que remata, e daquela seguramente que o alcalde e Nieves Cando terán que dar moitas explicacións.
O que si podemos traslucir é que a este paso, cando estes señores saian do concello, e agardamos que sexa dentro de dous anos e medio, a economía do Concello quedará arrasada pola irresponsabilidade deste bigoberno que, só nun ano, gastou millón e medio de euros de máis, e o peor de todo é que o fixeron en festas e parrandas, en vez de tomar medidas para sair da crise.


















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



