CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e membros do goberno municipal están a manter contactos cos pedáneos das distintas parroquias e núcleos de poboación co obxecto de perfilar as obras a desenvolver con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais. Según anuncian “Cervo recibirá 845.296 euros para o financiamento de obras e investimentos que xeren emprego en todo o territorio”
Nota de Prensa
Cervo recibirá 845.296 euros para o financiamento de obras e investimentos que xeren emprego en todo o territorio
O CONCELLO MANTÉN CONTACTOS PARA PERFILAR AS OBRAS DO FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL
* Non descarta ampliar estas xuntanzas con algún dos colectivos veciñais e con cos grupos municipais da oposición
Cervo, 11 de decembro de 2008.- Membros do Goberno municipal encabezados polo primeiro edil, Alfonso Villares Bermúdez, están a manter contactos cos pedáneos das distintas parroquias e núcleos de poboación co obxecto de perfilar as obras a desenvolver con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais.
“A nosa intención e estudar polo miúdo cales son as necesidades máis prioritarias e destinar estes fondos a actuacións de carácter estrutural que non poidan ser financiadas a través doutro tipo de axudas”- clarexou Alfonso Villares. Nesa liña afirma “buscaremos todo o consenso posible”
Cervo disporá de 845.296 euros para ser destinados ao financiamento de diversas actuacións de obra pública. A data límite para solicitar os fondos estatais é o 24 de xaneiro, mentres que as certificacións de obra deben xustificarse antes do 2010. O 70% dos fondos daranse por adiantado e destinaranse a obras novas non incluídas nos orzamentos municipais. Para o desenvolvemento das mesmas será preciso que as empresas contraten traballadores desempregados.
O Goberno municipal acelera as xestións para realizar a súa proposta de actuacións sudvencionables e non descarta ampliar as xuntanzas aos colectivos veciñais e aos grupos da oposición.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



