NOTA DE PRENSA
Multiplícanse as criticas dos usuarios do centro sanitario de atención primaria desta localidade cervense aos que os populares convidan a formalizar as súas queixas ante o servizo de atención ao paciente
A NON SUBSTITUCIÓN DUNHA MÉDICA EN SITUACIÓN DE BAIXA TEMPORAL PROVOCA O COLAPSO DO CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIPRIAN
• O SERGAS permite o desvío masivo de doentes que non son atendidos na consulta do médico de familia ata o servizo de urxencias do Hospital, ao mesmo tempo que non evita a existencia dunha lista de espera para a prescrición das receitas médicas.
• Os populares tamén se fan eco das queixas dos prexuízos que están a producir polo mal funcionamento do servizo telefónico centralizado de citas en atención primaria.
Cervo, 17 de decembro de 2008.- O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia e tenente de Alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de facerse eco das múltiples queixas que os pacientes e usuarios do centro de saúde de San Ciprián están a realizar despois de que a non substitución dunha doutora de baixa temporal no seu traballo estea a provocar o colapso deste servizo de primeira necesidade. Segundo puido coñecer o parlamentario mariñán o SERGAS está a permitir o desvío masivo de doentes que non son atendidos na consulta do médico de familia ata o servizo de urxencias do Hospital da Costa, “cos todos e cada un dos prexuízos que esta situación leva”. Ao mesmo tempo está a rexistrarse unha importante lista de espera, que en moitas ocasións supera os tres días, para a prescrición das receitas médicas, incluso naqueles pacientes que, por ter unha doenza crónica, teñen a necesidade de dispoñer de medicamentos con máis frecuencia.
CORRIXIR CON URXENCIA A SITUACIÓN ACTUAL
Desde o Partido Popular de Galicia emprazan á Consellería de Sanidade, en mans da socialista Maria José Rubio Vidal, a corrixir con urxencia estas deficiencias. Neste senso, propoñen desde o reforzo do cadro de persoal do centro de saúde de San Ciprián ata o traslado polo tempo necesario dun novo doutor que poida substituír á médica de baixa temporal e cuxos pacientes, de xeito maioritario, están a verse prexudicados polo colapso do servizo.
FORMALIZAR A SÚA QUEIXA
Por outra banda Balseiro Orol empraza a aqueles veciños que poidan verse afectadas por esta situación a que formalicen a súa queixa a través do servizo de atención ao paciente situado no Hospital da Costa de Burela. Deste xeito, Sanidade non poderá ampararse, como fai en moitas ocasións, en que non ten constancia de críticas ou queixas por parte dos usuarios e, polo tanto, “non terá outro remedio que tomar cartas no asunto”.
DETERIORO DA SANIDADE MARIÑÁ
Segundo Balseiro esta non é máis que unha mostra palpable do progresivo deterioro do sistema público de saúde en Galicia, circunstancia que atribúe á mala xestión do Goberno bipartito e do departamento autonómico de responsabilidade socialista. O deputado popular subliña que este non é un feito puntual, xa que noutros moitos centros de saúde e no propio hospital se están a producir este tipo de problemas vinculados sobre todo á falta de substitución dos profesionais sanitarios que non poden, pola circunstancia que sexa (baixa, permisos, vacacións) desenvolver o seu traballo durante un período de tempo determinado.
PROBADA PROFESIONALIDADE DO CADRO DE PERSOAL
Ao mesmo tempo insiste na profesionalidade dos traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde. “Os veciños deben saber que o actual colapso non é imputable aos médicos ou ao resto do cadro de persoal do centro senón que debe atribuírse á mala xestión que se está a facer desde os cargos directivos e desde os postos de responsabilidade política da Consellería de Sanidade”
QUEIXAS POLO NOVO SERVIZO DE CITAS TELEFÓNICAS CENTRALIZADO
Por outra banda do PPdeG tamén se fai eco das críticas coincidentes de moitos usuarios do servizo público de saúde en Galicia tras a posta en funcionamento dun novo teléfono único e centralizado para a obtención das citas: O 902 077 333 . Balseiro Orol subliña que en moitas ocasións os veciños non dan contactado cos técnicos que atenden o teléfono, outras moitas prodúcense fallos informáticos que impiden a determinación da cita na hora o día solicitado e, o que é máis habitual, non se ofrece a posibilidade para acceder á axenda de determinados médicos especialistas.
A todas estas queixas temos que engadir que o número de teléfono centralizado que se está a publicitar é un número de tarificación especial (902) o que supón unha chamada con custo engadido que incluso prexudica a aquelas persoas que teñen contratada unha liña de internet de alta velocidade e que, salvo para contactar con este tipo de números, ofrece gratuítas as chamadas a teléfonos locais e nacionais. O 902 do SERGAS non forma parte da promoción contratada por estes usuarios e, polo tanto, supón un cargo a maiores que incrementa a factura final do teléfono.
“Non é de recibo que, pola circunstancia que sexa, -afirma Balseiro- en vez de mellorar o servizo o estean a empeorar.”


















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



