BURELA .- A Concellaría de Economía e Facenda de Burela está a pagar estes días subvencións a asociacións, colectivos e clubes do municipio. Segundo explica a edil socialista, Remedios López Villar, “son 51 as asociacións beneficiadas este ano dunha partida que supera os 96.000 euros. Pasamos de 24 asociacións que había no 2007 a 51 e de 65.000 a 96.470 euros”.
A concelleira está “moi satisfeita con este reparto de cartos entre tantos colectivos do noso municipio, e sobre todo polo incremento da partida destinada a este fin e tamén porque chegamos a máis asociacións e clubes que noutras ocasións. Agardamos seguir nesta liña en anos sucesivos”.