Nota de Prensa
O secretario xeral do Partido Popular de Lugo participou na presentación desta entidade que xorde a iniciativa dun grupo de cervenses comprometidas co papel da muller no século XXI
BALSEIRO OROL APADRIÑA A NOVA ASOCIACIÓN MULLERES EN IGUALDADE DE CERVO
• Pronto comezará a ofertar conferencias, seminarios e cursos de formación para preparar ás mulleres na iniciación laboral e ante a discriminación que poidan sufrir no posto de traballo
Cervo 13 de decembro de 2008.- A nova asociación Mulleres en Igualdade de Cervo presentouse publicamente na tarde de hoxe da man do secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro Orol. A dirección desta nova organización está presidida por Elísabet Peña, acompañada de Fátima Vázquez (secretaria xeral) e Eugenia Piñeiro (tesoureira) e as vocais Montserrat Méndez, Teresa Mesa, Mª Josefa López, Mª Pilar Iglesias, Adela López, María Perez, Mª Angeles Prieto e Mª Luisa Varela.
Mulleres en igualdade xorde da iniciativa dun grupo de cervenses preocupadas polo papel da muller no século XXI e que toman como premisa reclamar que se cumpra o valor da igualdade presente na Constitución.
A presidenta, Elísabet Peña sinala como eixos de acción a defensa dos dereitos das mulleres na sociedade, a denuncia da discriminación por razón de xénero así como calquera dos actos que atenten contra a dignidade da muller.
Ofertan a súa axuda ás vítimas da violencia machista e aos seus fillos, e anuncia que levarán a cabo xornadas de formación. Ao mesmo tempo ofrecen un asesoramento para que as mulleres estean máis preparadas para a inserción laboral.
Mulleres en Igualdade, a antiga Federación Nacional de Mulleres para a Democracia, é unha organización non gobernamental, sen ánimo de lucro, de ámbito nacional, declarada de Utilidade Pública, membro integrante de Nacións Unidas e do Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero.
Os obxectivos fundacionais de Mulleres en Igualdade son o fomento da participación da muller en todos os sectores da vida pública, a defensa dos seus dereitos e intereses, a súa información e formación, e o desenvolvemento de programas de apoio ás mulleres en risco de exclusión social.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



