Nota de Prensa
REGO SINALA QUE “ AÍNDA EN SITUACIÓN DE CRISE O PARO NA MARIÑA, EN LUGO E EN GALICIA É INFERIOR A CANDO O PARTIDO POPULAR DEIXOU O GOBERNO”
-Afirmou que “si hoxe en España hai algunha Comunidade Autónoma xeradora de paro, esas son as Comunidades Gobernadas polo PP”, e engade que “no último ano o comportamento da evolución do paro rexistrado nas comarcas da Mariña Luguesa foi en termos comparativos dos mellores de Galicia e moitísimo mellor que en España”
-Puxo como exemplo de compromiso coa Mariña “o proxecto que hoxe o Presidente Touriño pon en marcha co inicio das obras do Corredor San Cibrao-Ferrol coa variante de Ortigueira”. Sinalou tamén que “nos próximos mes será adxudicado o tramo Celeiro-San Cibrao, que xa se atopa en tramite de licitación por un importe cércano aos 50 millóns de euros”
-Di que “os responsables do PP viñeron a estender A Mariña de Lugo, a mesma estratexia da mentira e da manipulación que Núñez Feijoo mantén para Galicia. Agora desde a oposición e antes desde o Goberno”
Burela, 14 de xaneiro de 2009.- O voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego, Ismael Rego sinala que “aínda en situación de crise o paro na Mariña, en Lugo e en Galicia é inferior a cando o Partido Popular deixou o Goberno”. Afirma que “o paro rexistrado sitúase (decembro 2008) en Galicia en 189.903 persoas, cun aumento interanual do 22,53 %, O MENOR DE TODAS AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS”.
Rego fixo estas declaracións para responder as criticas do PP sobre os datos do paro na Mariña Luguesa.
O deputado socialista di que “na situación de crise internacional que estamos a vivir acredítase unha especial resistencia da Mariña, fronte ao incremento do Paro no resto de España”.
Rego afirma que “si hoxe en España hai algunha Comunidade Autónoma xeradora de paro, esas son as Comunidades Gobernadas polo PP”, e engade que “no último ano o comportamento da evolución do paro rexistrado nas comarcas da Mariña Luguesa foi en termos comparativos dos mellores de Galicia e moitísimo mellor que en España”.
O PP ten o record de paro en Galicia
Xa que nas Comunidades Autónomas Gobernadas polo PP “como Murcia ou Valencia o paro crecía no último ano a ritmos de ó redor do 70%, ou no contexto de España era do 47 %, na Mariña de Lugo non chega ao 2.5%. Era a décima parte de Galicia”.
Pese o actual contexto de crise xeralizada o record do paro en Galicia teno o PP “xa que a comezos do ano 2004 superou as 193.000 persoas”.
Segundo o portavoz socialista “os populares non poden soportar que o Goberno que preside Emilio Pérez Touriño adoptase medidas para facer fronte a crise dacordo cos sindicatos, empresarios e as propias entidades financeiras”. Todo isto explica Rego “trouxo consecuencias positivas como demostran o diferencial de evolución do emprego en Galicia con respecto a media de España, e de xeito moi especial nas Comunidades gobernadas polo PP”.
O deputado mariñao di que “ os responsables do PP viñeron a estender A Mariña de Lugo, a mesma estratexia da mentira e da manipulación que Núñez Feijoo mantén para Galicia. Agora desde a oposición, e antes desde o Goberno”.
O portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego sinala que “os populares perderon unha boa ocasión para pedir desculpas aos cidadáns da Comarca, polo abandono aos que os tiveron sometidos nos 16 anos que Gobernaron en Galicia, e que hoxe están felizmente superados pola aposta do Goberno que preside Emilio Pérez Touriño”.
Nese senso Rego resaltou “a aposta pola dinamización económica e social da Mariña Luguesa, a través da dotación de infraestruturas e equipamentos de todo tipo, co obxectivo de que os cidadáns da zona poidan desenvolver en plenitude toda a súa capacidade emprendedora”.
Inicio das obras do Corredor San Cibrao-Ferrol
A maiores Rego puxo como exemplo “o proxecto que hoxe o Presidente Touriño pon en marcha co inicio das obras do Corredor San Cibrao-Ferrol coa variante de Ortigueira”. Sinalou tamén que “nos próximos mes será adxudicado o tramo Celeiro-San Cibrao, que xa se atopa en tramite de licitación por un importe cércano aos 50 millóns de euros”.
Por todo isto Rego felicitou “aos cidadáns do norte das provincias de Lugo e a Coruña, xa que grazas ao cambio que impulsaron no Goberno de Galicia no ano 2005, foi posible sacar adiante esta infraestrutura de comunicación que os Gobernos do PP tiñan descartado”, e lembrou “cando os populares decidiron desviar a Autovía do Cantábrico en Barreiros, hacia Vilalba, deixando sen ningunha resposta alternativa a conexión Barreiros –Ferrol”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



