1. Raquel Arias Rodríguez
Nacida el 2 de abril de 1966 en Proendos Sober (Lugo).
Casada. Dous fillos. Licenciada en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid.
Traballou como xornalista na Radio Galega e en RNE. Tamén colaborou cos xornais “El Progreso” e “La Voz de Galicia” e foi corresponsal de “El Mundo-Galicia” na provincia de Ourense. Entre 1196 e 1999 fíxose cargo do gabinete de comunicación do concello de Monforte de Lemos.
Alcaldesa de Sober dende 1999 (dimitiu deste cargo o pasado día 19 de xaneiro de 2009 para concurrir como cabeza de lista do PP ós comicios autonómicos do vinderio 1 de marzo).
Diputada provincial (1999 a 2003 e 2004 a 2008) e nacional (2008) Vicesecretaria do Partido Popular de Lugo. É membro do Comité Executivo Rexional e da Xunta Directiva. É presidenta do PP de Sober e coordinadora autonómica de Mulleres en Igualdade e presidenta desta asociación na provincia de Lugo.
2. Jaime Castiñeira Broz
10-07-1957. Santalla de Sisoi, Cospeito, Lugo
Está casado e ten un fillo.
É Arquitecto Técnico pola Universidade Laboral de Sevilla. Tras un ano de experiencia na empresa privada, en 1982 obtén a praza de Arquitecto Técnico de Facenda en Lugo.
Secretario do Colexio de Aparelladores de Lugo
En canto á experiencia política é concelleiro do Grupo Municipal do PP de Lugo dende 1999. É deputado no Parlamento de Galicia desde xullo de 2005.
En decembro de 2004 ocupa unha das vicesecretarias do Comité Executivo Provincial e é Coordinador Comité de política local.
3. José Manuel Balseiro Orol
2-07-1962 Ferreira de Valadouro
Está casado e ten dous fillos.
Director Comercial de Alco, S.A. durante 16 anos; Coordinador do equipo de vendas de España e Portugal.
Militante activo do Partido Popular dende o ano 1994.
En Cervo exerce dende 1999 o posto de 1º Tte Alcalde do Concello ocupándose tamén da delegación de mantemento e obras, persoal e réxime Interior, Protección Civil e seguridade cidadá. É tamén voceiro do Partido Popular neste concello.
No ano 2002 foi nomeado Coordinador do Partido Popular da Mariña Occidental. É ademais secretario xeral do Partido Popular de Lugo.
É deputado no Parlamento de Galicia dende 2005. Foi voceiro de Pesca nesta lexislatura.
4. Agustín Baamonde Díaz
8- 04 -1950 Vilalba
Está casado e ten tres fillos.
Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
No ano 1987 foi nomeado 1º tenente de alcalde do concello de Vilalba. O 22 xaneiro de 1990 e deica o 12 de maio de 2005 ocupou a alcaldía deste municipio chairego.
Foi deputado provincial dende o ano 1991 ata maio de 2005. Entre 1997-2003 forma parte do Comité de Garantías do Partido Popular e é membro do Comité de Dirección provincial do PP. É deputado autonómico.
5. Susana López Abella
14- 05- 1967. Taboada, Chantada
Está casada e ten dous fillos.
Estudios de Dereito e Empresariais na Universidade de Educación a Distancia (UNED).
1987-1990 Administrativa na empresa familiar.
1991-1999 Delegada de Radio Faro-Radio Lugo. Directora e Locutora do programa Hoy x Hoy Local.
En Chantada asume a Concellería de Cultura e o posto de Tenente Alcalde do Concello entre os anos 1999-2003, concello no que actualmente é concelleira.
Desde o ano 2001 é Deputada do Parlamento de Galicia, onde foi voceira adxunta do Grupo Parlamentario Popular e voceira de Familia e Muller. Preside a Comisión non Permanente de Xuventude; é Secretaria da mesa da Comisión de Economía e Facenda e vocal da Comisión de Sanidade.
É membro do Comité de Dirección e Vicesecretaria Xeral do Partido Popular de Galicia.
Dende outubro de 2008 é Presidenta do Partido Popular de Chantada.
6. Daniel Varela Suanzes-Carpegna
1- 4- 1951 Lugo
Licenciado en Dereito (1974); Diplomado en Estudios Internacionais. Escuela Diplomática (1980); Diplomado en Comunidades Europeas (1985). Stagiaire no Servicio Xurídico da Comisión Europea (1985).
Letrado da Xunta de Galicia (1985-1993). Comisario de Galicia na Expo-92 (1990-1992). Comisionado-Director en Galicia do V Centenario do Descubrimiento de América (1990-1992).
Diputado no Parlamento Europeo dende 1994. Presidente da Comisión de Pesca do PE (1999-2002). Portavoz de Pesca do Grupo del PPE (2002-2004); Portavoz de Seguridade Marítima del Grupo PPE (2002-2004). Vicepresidente 1º da Comisión de Comercio Internacional do PE. Membro do Comité de Dirección da Asamblea Parlamentaria da OMC (Organización Mundial do Comercio). Membro da Comisión de Asuntos Económicos, Financieros e Comerciais de EUROLAT (Asamblea Parlamentaria Eurolatinoamericana). Membro do Comité Executivo do PP de Lugo, da Xunta Directiva Rexional do PP de Galicia e da Xunta Directiva Nacional do PP.
7. Isabel García Pacín
10/01/1973 Xiá, Friol. Lugo
Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Explotacións Agropecuarias, na Escola Politécnica Superior de Lugo.
Entre os anos de 1999 a 2003, ocupou a Concellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude no Concello de Friol.
Na legislatura 2003-2007 fíxose cargo da Delegación de Cultura, Xuventude, Asuntos Sociais, Promoción do emprego e Programas Europeos no Concello de Friol. Na lexislatura actual segue a ocuparse das Áreas de Cultura, Servizos Sociais, Promoción de Emprego e Programas Europeos como edil no Concello de Friol.
É secretaria da Xunta Directiva da Asociación de Mulleres de Friol Neves do Ouroso; Secretaria da Xunta Directiva da Federación Provincial de Mulleres Rurais Andaina de Lugo; e Secretaria da Asociación “Terras do Miño”, Grupo de Acción Local do Leader+ 2000-06 da Comarca de Lugo.
Deputada autonómica dende 2005.
8. José Antonio García López
Naceu en Sarria o 13 de xuño de 1971
Está solteiro e é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago.
Exerce como avogado en Lugo
Foi tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo en Sarria entre 1999 e 2003, e alcalde deste municipio de 2003 a 2007. Dende 2007 ata a actualidade é voceiro do GMPP en Sarria.
Preside o Partido Popular de Sarria dende xuño de 2008.
9. Dámaso López Rodríguez
01-12-51 Taboada (Lugo)
Está casado e ten dous fillos.
É licenciado en medicina e cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1975. Estomatoloxía en Madrid 1976.
Médico da Seguridade Social por oposición 1977.
Médico titular A.P.D. por oposición 1980.
Diplomado en Sanidade 1981.
Especialista en medicina familiar e comunitaria 1982
Xefe local de Sanidade en Pobra de Brollón.
Médico titular de Monforte dende 1989
Foi Director Provincial do Sergas en Lugo 2001 e Delegado Provincial de Sanidade en 2002
Foi voceiro do PP no concello de Monforte entre os anos 1991-1995 e actualmente forma parte do GMPP neste municipio.
En decembro de 2007 foi elexido Presidente do PP de Monforte
É deputado autonómico no Parlamento de Galicia.
10. María Emma Alvarez Chao
4/09-1974. Lourenzá. Lugo
Está casada e ten dous fillos
Diplomada en Ciencias Empresarias coa especialidade de Empresa Financiera pola Universidade de Santiago
Traballa na Cooperativa Os Irmandiños dende maio do 1996, onde dende novembro do 2006 é responsable do Departamento de loxística e ventas. Forma parte do cuadro Directivo como membro do Equipo de Desarrollo Estratéxico (EDE – Plan DEGA).
Dende xuño do 2007 está ó fronte da Delegación de Medio Rural e Medio Ambiente do Concello de Lourenzá, onde tamén exerce de tenente de alcalde.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



