NOTA DE PRENSA
Balseiro empraza á Xunta de Galicia a que explique cal é o motivo polo que non entrou en funcionamento o grupo electróxeno do que debe dispoñerse en perfecto estado de uso neste tipo de instalacións
O PP DENUNCIA QUE A RESIDENCIA DE PERSOAIS MAIORES DE BURELA ESTIVO 40 HORAS SEN SUBMINISTRO ELÉCTRICO
* Despois de ter investidos preto dun millón de euros para a remodelación deste centro acumúlanse as deficiencias: falta de ramplas, aseos non adaptados, ascensores sen o espazo suficiente para introducir padiolas, portas sen as dimensións correctas,… “as obras non foron máis que un lavado de cara propagandístico e nada efectivo”.
* Balseiro Orol acusa ao departamento que dirixe o nacionalista Anxo Quintana de ter enganado aos mariñáns cando anunciou que o centro disporía de prazas para persoas dependentes e subliña que as deficiencias existentes fan imposible atender a anciáns con problemas de mobilidade.
* “Esta é unha boa mostra do falsas que son as supostas melloras anunciadas polo deputado Parga Núñez en materia de servizos e equipamentos de interese social. Todo mentira como podemos comprobar a día de hoxe” – conclúe Balseiro Orol
A Mariña, 28 de xaneiro de 2008.- A residencia de persoas maiores de Burela permaneceu varios día sen luz como consecuencia da interrupción do subministro eléctrico que afectou a esta localidade tras o temporal do pasado fin de semana. Lonxe do que sería lóxico nun servizo destas características non se dispuxo dun equipo electróxeno capaz de garantir o subministro de luz e, en consecuencia o funcionamento normal deste centro viuse notablemente afectado. Así o denuncia o Partido Popular de Galicia, a través do seu deputado José Manuel Balseiro Orol quen explica que de xeito aproximado a falta de subministro eléctrico prolongouse desde as 21 horas do venres 23 de xaneiro ata as 15.30 horas do domingo 25. Isto é, durante un tempo excesivo superior ás 40 horas.
GRUPO ELECTRÓXENO
Balseiro Orol empraza á Vicepresidencia da Xunta de Galicia a que explique cal é o motivo polo que non entrou en servizo o grupo electróxeno do que deberan dispoñer en perfecto estado de uso neste tipo de instalacións, e, no seu caso, as circunstancias polas que non se alugou un aparato xerador de electricidade tendo en conta o prolongado do corte de subministro.
UNHA SITUACIÓN INACEPTABLE EN PLENO SÉCULO XXI
O deputado popular sinala os graves prexuízos que esta situación puido ter provocado de ser necesario unha evacuación: Sen luz os ascensores non funcionaban, a carencia de ramplas dificultaría o auxilio ás persoas con mobilidade reducida e ademais, en todo caso, dificultaría o traslado dos residentes, todos eles persoas maiores. A isto debemos engadir os prexuízos ocasionados a aqueles anciáns que precisan oxíxeno ou que están conectados algún tipo de máquina para facilitar a súa respiración, aparataxe que a súa vez necesita de electricidade para funcionar. En resume “unha situación inaceptable en pleno século XXI”
UN MILLÓN DE EUROS NUNHA OBRA CHEA DE DEFICIENCIAS
O deputado popular non comprende como é posible que despois de gastarse preto dun millón de euros nas obras de mellora deste centro existan este tipo de carencias en equipos de primeira necesidade tal e como demostra a situación acontecida o pasado fin de semana.
Pero aquí non remata a lista de deficiencias desta residencia. O Grupo Parlamentario Popular xa denunciou no seu día que as obras que executou a Vicepresidencia no centro non eran máis ca un “lavado de cara, con moito interese propagandístico pero de mínima efectividade práctica”. A relación das principais eivas é interminable e inclúe: carencia de ramplas para facilitar a mobilidade dos residentes, ascensores sen as dimensións suficientes para que poida entrar unha padiola, portas das habitacións e mobiliario non adaptado para persoas non mobilidade reducida, ou aseos non adaptados para persoas maiores o con dificultades motoras, entre outros.
ANXO QUINTANA MENTIU
Todo este tipo de cuestións serven ao deputado popular para acusar ao responsable do departamento autonómico de benestar, o nacionalista de Anxo Quintana de mentir aos veciños da Mariña con ocasión da súa visita á nosa comarca. “Resulta máis que evidente que unha vez rematadas as obras a residencia non está habilitada para ofrecer prazas para persoas dependentes, resulta máis que evidente, polo tanto que o Sr Quintana mentiu”. Ao mesmo tempo sinala que “o acontecido nestes días e as deficiencias decritas son unha boa mostra do irreal das supostas melloras anunciadas polo deputado Parga Núñez en materia de servizos e equipamentos de interese social. Todo mentira como podemos ver” – conclúe Balseiro”















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



