MONDOÑEDO .- O centro comarcal de A Mariña central acolle, en Mondoñedo, a exposición “Feísmo Ilustrado” na que 15 debuxantes abordan “un problema complexo que reflite a relación da sociedade coa paisaxe e co territorio”. Poden verse traballos de Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Forges, Fran Jaraba, Leandro, Siro López, Xan López Domínguez, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko da Silva, Alberto Vázquez, Óscar Villán e Xosé Lois.
Fonte
O Centro Comarcal da Mariña central acolle desde hoxe a exposición “Feísmo Ilustrado”
Quince debuxantes galegos empregan o humor gráfico e a ilustración para reflexionar sobre a problemática do feísmo en Galicia.
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia colabora coa Consellería de Vivenda e Solo na organización desta mostra, que se poderá visitar desde hoxe e ata o 8 de febreiro.
Mondoñedo, 17 de xaneiro 2009.- “Feísmo Ilustrado” é un conxunto de ilustracións de quince debuxantes galegos que reflexionan sobre a problemática do feísmo en Galicia. A mostra foi inaugura hoxe, no Centro Comarcal da Mariña Central, polo director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Emilio Martínez Rivas, polo delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Cosme Pombo Rodríguez e polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González Cruz.
Os autores que participan na exposición empregan o humor gráfico e a ilustración para abordar un problema complexo que reflite a relación da sociedade coa paisaxe e co territorio. Trátase de debuxantes cunha longa traxectoria profesional, que colaboran coa súa ollada crítica nos eidos social, económico ou político en xornais e editoriais tanto galegos como estatais: Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Forges, Fran Jaraba, Leandro, Siro López, Xan López Domínguez, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko da Silva, Alberto Vázquez, Óscar Villán e Xosé Lois.
A exposición “Feísmo Ilustrado” estará aberta ao público ata o vindeiro 8 de febreiro, no Centro Comarcal da Mariña Central, en horario de 10:00 a a 19:00 horas, de luns a venres, e os sábados pola mañá entre as 10:00 e as 15:00 horas.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



