Nota de Prensa
O TSXG DALLE A RAZÓN AO BNG NO ESTUDO DE DETALLE DA RÚA DO CEMITERIO
O BNG votara en contra por non axustarse á lei
O BNG de Foz diante da sentenza que acaba de emitir o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulando o estudo de detalle da Rúa do Cemiterio, ten que manifestar que esta sentenza ven a darlle a razón cando o noso grupo votara en contra da mesma. As razóns que no seu momento esgrimiamos é que ía en contra da Lei do Solo en canto que esta establece que os estudos detalles redactanse para quinteiros ou unidades completas e en ningún caso poden servir para aumentar o aproveitamento urbanístico do solo. Neste sentido o TSXG ratifica nesta sentenza o que o BNG defendía ao afirmar que “a alteración da aliñacións proxecta o seus efectos e consecuencias sobre parcelas situadas fronte o parque infantil cuxa superficie se incrementa”. Tamén o BNG aludira neste caso que non se adaptaba á lei por que as construccións que permitía non se adaptaban ao entorno por aumentar a edificabilidade dos terreos nunha zona de casas baixas.
A raíz desta sentenza, novamente o alcalde de Foz queda desautorizado por un tribunal de xustiza. Para o BNG este é outro claro exemplo que demostra para quen goberna e de como a política urbanística se fixo para beneficio duns poucos e en contra da maioría e, o que é mais grave, en contra da legalidade vixente. O BNG ve moi grave a actuación do grupo de goberno ao votar a favor dun estudo de detalle sabendo da súa posíbel ilegalidade e demanda do alcalde que dea explicacións sobre os detalles da sentenza e as consecuencias que terá para o Concello. Para o BNG o alcalde e o grupo de goberno que o apoia debera agora asumir as súas responsabilidades políticas nun caso no que todos pagamos a súa irregular actuación.
Por outro lado, o BNG vai a solicitar que se revisen outros estudos de detalle que están na mesma situación e que foron aprobados na mesma época e que serviron para ter a avalancha de licenzas que provocaron un crecemento urbanístico desmesurado que trouxo as consecuencias que hoxe todos vemos.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



