RIBADEO (FNC) .- O vicerrector de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, Elías Torres; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro visitaron esta mañá a Casa da Ría en Santa Cruz. O rexedor sinalou que “por fin parece que lle estamos encontrando unha solución á situación da Casa da Ría. Este edificio de 2001 non ten uso prácticamente desde hai cinco anos debido aos seus defectos estruturais de humidades que non fan recomendable ser usado por escolares nin pola propia cidadanía en xeral”. Fernando Suárez anunciou “o compromiso que xa temos para recuperar e reparar todo ese tipo de goteiras e de deficiencias que ten o edificio a través da colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo que dirixe Antonio Veiga. E tamén se podería involucrar o Xacobeo para costear as obras que permitan dotar de estabilidade á Casa da Ría”. O investimento a realizar está cifrado en 18.000 euros, segundo o alcalde de Ribadeo.
Suárez Barcia engadiu que “unha vez conseguido esto, e esperamos que sexa en breve, poderemos avanzar neste convenio marco que asinamos hai un ano coa Universidade de Santiago de Compostela, onde se definen unha serie de actividades que podemos realizar e neste caso relacionadas coa astronomía. Por este motivo se desprazou hoxe ata aquí Elías Torres e vemos a posibilidade de que nun período curto de tempo se realicen actividades tanto para os escolares como para o resto da cidadanía”.
O vicerrector da USC dixo que “na universidade consideramos que esta Casa da Ría é un ben estratéxico para Ribadeo e o seu entorno, pero tamén para a USC e ademais dentro do cadro de colaboración que temos co Concello é certamente unha satisfacción ver o impulso que se lle quere dar desde os actuais responsables municipais e entón contan coa nosa máxima colaboración”. Elías Torres subliñou que “a medio ou longo prazo Ribadeo pode ter unha unidade de investigación e divulgación científica e cultura moi diversa non só centrada na astronomía, aínda que evidentemente é un dos seus puntos fortes, senón tamén en calquera área medio ambiental, de ordenación do territorio, agrícola, pesqueira… A USC podería colaborar en todas esas dimensións desde os seus museos de historia natural, desde as estacións hidrobiolóxicas ou desde o seu patrimonio na astronomía co seu observatorio astronómico e con outras moitas actividades que o rodean”. O vicerreitor considera que “sendo así a medio prazo pode haber unha unidade forte unidade aquí de intervención cotiá e sistemática e que faga parte tamén da riqueza económica, cultural e científica de Ribadeo. Tamén estamos en disposición de anunciar a curto prazo, xa no verán, a realización dunha intervención piloto entorno ao mundo da astronomía… sería nos meses de xullo, agosto e setembro, estaría destiNada a toda a cidadanía e contaría coa participación de especialistas da nosa universidade”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



