
Presentación dos actos do bicentenario de Antonio Raimundo Ibañez (foto: Faro Norte Comunicación - FNC)
RIBADEO .- (FNC) Presentouse no Concello de Ribadeo a programación que ao longo do ano 2009 se desenvolverá en Galicia e en Asturias para conmemorar o bicentenario da morte de Antonio Raimundo Ibáñez. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, aludiu á figura “dun persoeiro ilustrado adiantado ao seu tempo que foi asasinado ás portas de Ribadeo pólo populacho vítima dun momento histórico. Enfrontouse aos sectores máis reaccionarios dunha sociedade que se debatía entre o antigo réxime ou coller un novo tren”. Suárez lembrou que “Ibáñez naceu nun concello asturiano o de Santalla de Oscos, madurou e fixo fortuna en Ribadeo e tivo unhas factorías de fundición en Cervo. Isto ilustra un pouco o que puido ser e non foi de parte da nosa historia recente do que a xente do común sabe máis ben pouco”.
O rexedor de Cervo, Alfonso Villares definiu ao Marqués de Sargadelos coma “un home que nos ensina o afán de superación, de innovación, de creación, que nos estimula a seguir cara adiante… Quédome coa imaxe dun construtor e loitador de sonos incansable, que viu truncado o seu camiño no ano 1809, pero que precisamente nese momento rematou por converterse nunha apaixonante lenda que queremos convidarvos a coñecer”. Pola súa banda o alcalde de Santalla de Oscos, Antonio Riveras dixo que Raimundo Ibáñez “é un home dos que faría falta hoxe en día porque viviu nunha época convulsiva como a que estamos a punto de vivir, agardamos que non sexa así. As ideas de emprendedores e as gañas de traballar dun santiallés de nacemento son moi importantes para esta comarca. Esperamos que hoxe empece unha conmemoración importante ao largo de todo o 2009”.
Os obxectivos e as actividades que se realizarán durante todo este ano son:
-Estudar a figura de Ibáñez nas súas múltiples facetas: Dirixido polo profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago Pegerto Saavedra, desenvolverase na primeira quincena de xullo un congreso nos tres concellos impulsores. O proxecto suporá tamén a edición de actas e terá como complementario o ciclo de conferencias que en Santalla de Oscos se celebra desde hai anos en outubro.
-Divulgar a súa figura a nivel galego e asturiano, e moi especialmente entre a poboación local dos tres concellos: Realización dun cómic divulgativo para os nenos e nenas que se poida empregar no ensino; realización dun ciclo de 6 concertos de música da época nas súas vertentes clásica e tradicional; teatralización da súa biografía a través do teatro afeccionado mariñán; divulgación do material audiovisual existente sobre o marqués en colaboración coa Axencia Galega do Audiovisual.
-Aproveitar a Ibáñez como recurso cultural e turístico para os tres concellos: O Consello da Cultura Galega vai elaborar un roteiro cultural web a través do portal www.culturagalega.org. Nunha segunda fase e xa da man da Dirección Xeral de Turismo elaborarase a versión “física” da ruta.
O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, abogou porque “todos estes elementos que compartimos Galicia e Asturias no patrimonio e na natureza máis alá dos grandes obxectivos que teñamos para este ano, creo que debemos ir máis alá da figura de Ibáñez para tamén elaborar un proxecto e un programa de traballo que xire arredor deste territorio compartido e todos estes recursos que temos”. O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, sinalou que “desde este departamento nesa liña que temos de recuperar todo o patrimonio nesta comarca glosar e analizar a figura de Antonio Raimundo Ibáñez darános pé a falar de como vivían os campesinos nesa época, como se industrializou… agora que se fala da economía produtiva, esto sí que era economía produtiva o que propoñía Raimundo Ibáñez hai 200 anos ao mellor por eso o arrastraron tamén, a algún poder establecido igual non lle interesaba que se rompera o sistema feudal existente naquela época”.
E pola súa banda, Isaac Díaz Pardo, presidente de honra da comisión organizadora desta programación destacou que “xentes que coñecen as leis consideran que Raimundo Ibáñez era marqués, porque estaba toda a documentación pendiente da firma de Godoy e do rei e unhas circunstancias fortuitas como foi a guerra impediron que se asinara ese documento… o pobo mesmo lle chamou Marqués e non hai quen lle saque o título de Marqués de Sargadelos”.
A programación foi organizada polos Concellos de Santalla de Oscos, Cervo e Ribadeo e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Real Padroado de Sargadelos e o Consello da Cultura Galega.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



