NOTA DE PRENSA
Os populares lembran que a inspección e o salvamento marítimo é un corpo especial cuxas prazas non pode ser cubertas por persoal sen a debida cualificación
O PP ASEGURA QUE A XUNTA “ESQUECE” CUMPRIR A SÚA PROMESA DE CONVOCAR OPOSICIÓNS PARA 10 PRAZAS NO SERVIZO DE GARDACOSTAS E AS COBRE COAS LISTAS DA ADMINISTRACIÓN XERAL
• As dez persoas contratas de xeito irregular están recibindo en Santiago un curso formativo intensivo no que se lles está a impartir nocións de recoñecemento de especies, artes de pesca, e lexislación pesqueira.
A Mariña, 17 de febreiro de 2009.- O voceiro para asuntos de Pesca do Partido Popular de Galicia, José Manuel Balseiro, sinalou hoxe que o departamento autonómico que dirixe a socialista Carmen Gallego está a infrinxir a normativa legal en canto á asignación de persoal para desenvolver tarefas no servizo de Gardacostas de Galicia. Balseiro lembrou que “a día de hoxe” a Xunta de Galicia “segue esquecendo” o seu proxecto estrela do 2008 de crear 10 novas prazas no Servizo de Gardacostas de Galicia.
INCUMPRIMENTO
Hai máis dun ano a Consellería de Pesca anunciou a incorporación de catro novas prazas para inspectores de escala técnica e 6 novas prazas para subinspectores de escala executiva. Segundo Balseiro, “o lóxico” sería sacar estas prazas en concurso-oposición, “pero cando se deron conta xa non lles daba tempo” e entón, en lugar de cubrir estes postos cos opositores aprobados noutras convocatorias que non acadaron praza, ou mediante promoción interna, “resulta que tiran das listas da Administración Xeral” salientou o voceiro popular.
PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL
Na súa opinión esta decisión da consellería de Pesca é irregular, posto que o Servizo de Gardacostas é un corpo especial “que non pode cubrir as súas vacantes con persoal que non estea debidamente cualificado para o posto que vai a desenvolver, do mesmo xeito que os funcionarios de Gardacostas tampouco poden optar a ningunha outra praza da Administración Xeral” asegurou Balseiro.
PERSOAL NON CUALIFICADO
Así mesmo salientou tamén que a consellería que dirixe a socialista Carmen Gallego non só incumpre estes condicionantes legais; se non que están a cubrir as prazas vacantes con persoal cuxa cualificación profesional non ten nada que ver coa inspección e o salvamento marítimo. “Teñen collido a persoas que estaban contratadas como cociñeiros e en residencias da terceira idade” asegurou Balseiro.
Tamén explicou que estas dez persoas contratas de xeito irregular están recibindo en Santiago un curso formativo intensivo no que se lles está a impartir nocións de recoñecemento de especies, artes de pesca, e lexislación pesqueira.
Para o voceiro popular de asuntos de Pesca, Jose Manuel Balseiro Orol esta política dos responsables galegos en materia de vixilancia e seguridade no mar e “unha mostra máis do grao de incompetencia” ao que chegou administración autonómica “da man dos actuais responsables da Xunta de Galicia nestes últimos catro anos”.
















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



