Burela, 21 de febreiro, 2026. O partido arrincou cun ritmo altísimo, con dous equipos moi igualados e decididos a buscar o primeiro tanto desde o minuto inicial. O conxunto local pediu tempo morto no minuto 5, pero o encontro mantívose equilibrado. A seis minutos do descanso, Bingyoba saíu coa elástica de porteiro-xogador para tentar romper a igualdade, xerando tensión e longas posesións do Burela. A insistencia tivo premio no minuto 18: Alberto fixo o 0-1 tras unha asistencia do propio Bingyoba nunha acción de xogo de cinco.
Nos segundos finais da primeira metade, Torero evitou o empate con dúas intervencións decisivas: primeiro desviando co pé un disparo de Dela que se colaba pegado ao pau, e acto seguido nun saque de esquina.
A segunda parte comezou cunha forte presión do Ejido. Alberto salvou un balón sobre a liña tras unha recuperación local, pero na xogada seguinte chegou o empate cun auténtico golazo de Nico Rosa, que rematou de tacón un saque de banda dentro da área. No minuto 25, o Burela volveu adiantarse cun gol de Nico tras unha recuperación, carreira pola banda e asistencia de Alán. Porén, un minuto despois os locais igualaron de novo cun penalti transformado outra vez por Nico Rosa.
O Burela atravesou uns minutos de desconcerto e o Ejido aproveitou para poñerse 3-2 no 29 cunha gran acción individual de Cristian Rubio. No 30, Raid entrou como porteiro-xogador para recuperar a posesión e buscar o empate. A tres minutos do final, Jesús arrebatoulle o balón a Pitero nunha ocasión clarísima tras un regate e pase de Alberto, e o Ejido tampouco acertou a porta baleira no despexe posterior.
O Burela insistiu co xogo de cinco, con Lautaro coa elástica negra, pero a férrea defensa local resistiu. Xa no último minuto, Nico Rosa culminou o seu hat-trick cunha recuperación e disparo a porta baleira desde a súa propia área, sentenciando o encontro.
Ficha Técnica Inagroup El Ejido Futsal 4-2 Reyco Burela FS
Inagroup El Ejido (4): Jesús; Josete (C), Nico Rosa, Cristian Rubio, Vacas -quinteto inicial-, Dela, Pope, Beto, Rufino, Nacho Gil, Jon, Varsalona, Adri Blat.
Reyco Burela FS (2): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Izan, -quinteto inicial-, Alán, Mauro, Alberto, Bingyoba, Lautaro (P), Nico.
Goles: 0-1, min. 18: Alberto. 1-1, min. 21: Nico Rosa. 1-2, min.25: Nico. 2-2, min. 26: Nico Rosa (Penalti). 3-2, min. 29: Cristian Rubio. 4-2, min. 40: Nico Rosa.
Árbitros: Ignacio del Olmo // Jorge Moreno // Pedro Contreras // Francisco Jesús Comba. Por parte do Ejido viron tarxeta amarela Cristian Rubio (16′) e Beto (37′). Por parte do Reyco Burela, Jason (15′), Izan (33′) e Mauro (35′)





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


