Barreiro pon en valor “a flexibilidade en horarios e as medidas especiais para servir ás residencias” e “a orde de axudas da Xunta para apoiar ata 29 farmacias do rural para asegurar a continuidade do servizo”
As Nogais, 22 de febreiro de 2026. Os deputados autonómicos do PPdeG, Raquel Arias e Enrique Barreiro, destacan “as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir servizos farmacéuticos a tódolos galegos, vivan onde vivan” como exemplo do seu compromiso “coa prestación de servizos de calidade no rural, que é clave para fixar poboación”.
Os deputados lucenses do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaron o municipio das Nogais acompañados polo alcalde, Jesús Núñez, para dar conta das zonas farmacéuticas especiais que a Xunta de Galicia declaraba en atención ás súas características xeográficas, demográficas e sanitarias e que o DOG publicaba esta mesma semana.
Son once as zonas farmacéuticas especiais declaradas na provincia: As Nogais, Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín e Samos.
Raquel Arias explica que “esta medida está a contar con moi boa acollida porque contar cunha farmacia cerca dá tranquilidade e seguridade aos veciños, sobre todo, aos de máis idade que son os que maioritariamente viven nestas zonas rurais”. Ademais, supón “un novo impulso da Xunta no seu interese continuo de que tódolos galegos e galegas, independentemente de onde vivan, teñan acceso aos mesmos servizos”.
Enrique Barreiro destaca que “este acordo supón unha flexibilidade en horarios, medidas especiais para servir ás residencias e, ademais, inclúe unha orde de axudas da Xunta para apoiar ata 29 farmacias do rural nas que, probablemente, a súa viabilidade se atope comprometida”. Deste xeito, “asegúrase a continuidade do servizo”.
A declaración de zona farmacéutica especial suporá, entre outras cousas, a posibilidade de aplicar condicións especiais de distancia e tempo de acceso á oficina de farmacia durante a prestación do servizo de garda ou a opción de adoptar medidas especiais en relación coa prestación de atención farmacéutica nas residencias sociosanitarias de menos de 100 residentes.
A Consellería de Sanidade e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia acordaron, para a consideración como zonas farmacéuticas especiais, unha serie de criterios entre os cales se atopan que: a zona conte cunha densidade de poboación igual ou inferior a 10 habitantes por km2 e que dispoña dunha única oficina de farmacia; que todos os establecementos farmacéuticos da zona estean en situación de viabilidade económica comprometida ou, no caso das farmacias do rural, que non resulte posible a rotación de quendas de garda.
AXUDAS PARA A VIABILIDADE DE BOTICAS RURAIS
A Xunta convocará este ano unha liña de axudas específica para garantir a viabilidade das boticas rurais instaladas nunha destas zonas especiais. Esta primeira orde contará cun investimento de 99.600 euros para o ano 2026.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



