Os socialistas denunciaron en Trabada a actitude dos deputados e senadores do PP, aos que acusan de priorizar a confrontación co Goberno do Estado mentres ignoran problemas como a situación sanitaria na provincia
Trabada, 21 de febreiro de 2026. A deputada por Lugo, Patricia Otero, e o senador César Mogo aseguraron hoxe en Trabada que o “fiasco” do proxecto industrial de Altri representa tamén “o fracaso dos deputados e senadores do PP por Lugo”, aos que reclaman explicacións polo seu comportamento político e institucional. Os socialistas consideran que os representantes populares priorizan a confrontación co Goberno do Estado mentres ignoran cuestións que afectan directamente á veciñanza da provincia.
Ambos dirixentes sinalaron que “o fiasco de Altri, que tanto levaron ao Parlamento defendendo un proxecto nocivo para a provincia, é o fracaso dos deputados e senadores do PP por Lugo”. Neste sentido, apuntaron directamente ao deputado no Congreso Francisco Conde, exvicepresidente e exconselleiro da Xunta, a quen responsabilizan, xunto a Rueda e Feijóo, do desenvolvemento dun proxecto que cualifican de “enorme fracaso político”.
Otero e Mogo esixiron ademais que Conde faga público o documento que, segundo lembran, asinou coa empresa Altri no exercicio das súas responsabilidades institucionais. Ao seu xuízo, “non pode manterse no segredo nin ampararse en ridículas escusas legais” e debe explicar os compromisos adquiridos durante a súa etapa no Goberno galego. “Non pode manter na escuridade os actos que levou a cabo dende os seus cargos políticos. É unha indecencia que permaneza en silencio e se negue a dar explicacións”.
Na súa comparecencia tamén fixeron referencia ao deputado Jaime Olano, do que censuran que non ofrecese explicacións tras verse implicado, segundo lembran, nun intento de alteración de votacións parlamentarias relacionadas coa Lei de Economía Social. Os socialistas sinalan que “non ofreceu nin unha soa explicación nin desculpa sobre este bochornoso comportamento” e aseguran que lle debe unha explicación convincente aos cidadáns de Lugo, que “merecen un comportamento decente de quen os representa”.
Xunto a estas críticas, Otero e Mogo denunciaron a actitude dos parlamentarios populares na provincia, aos que reprochan percorrer Lugo “buscando debaixo das pedras reproches ao Goberno do Estado” mentres, aseguran, “non se achegan nin por casualidade a un centro de saúde onde os veciños padecen a diario o fracaso da política sanitaria da Xunta”. Tras unha visita xunto ao alcalde de Trabada, Rubén García, puideron constatar situacións con “un só médico ou, en ocasións, ningún médico para atender aos veciños do municipio”. “Así sucede por toda a provincia e os deputados e senadores do PP, pasando do problema”.
“Os cidadáns de Lugo teñen que saber que os parlamentarios do PP pola provincia están volcados na estratexia de atacar ao Goberno, faga o que faga, en detrimento do traballo de representación dos intereses dos lucenses e sen dar unha soa explicación sobre os seus lamentables comportamentos”, concluíron.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



