NOTA DE PRENSA:
A vicepresidenta da Deputación e concelleira socialista Lara Méndez comprometeuse o 22 de xaneiro a finalizar a obra en quince días e a día de hoxe aínda non está rematada
O CONCELLO DE CERVO TEME QUE OS SOCIALISTAS FAGAN CAMPAÑA CO ASFALTADO DA ESTRADA DE SAN ROMÁN A RÚA
Cervo, 18 de febreiro de 2008.- O grupo municipal do Partido Popular de Cervo teme que os socialistas aproveiten as datas electorais para rematar as obras de asfaltado da estrada de titularidade provincial que une os núcleos de poboación de San Román e Rúa. Os membros do equipo de Goberno local lembran que esta estrada é un dos reiterados “incumprimentos” dos socialistas dende a súa chegada á Deputación.
No día de onte comezaron a retirar os postes do tendido eléctrico que quedaron no medio desta vía despois do seu ensanche “e canto menos nos parece sospeitosos que se retomen os traballos precisamente agora, a pesar de ter prometido que a estrada estaría asfaltada antes do 6 de febreiro”.
Neste senso sinalaron que a vicepresidenta da Deputación e concelleira socialista en Cervo, Lara Méndez, leva mentíndolles aos veciños destas dúas parroquias sobre a consecución das obras en reiteradas ocasións. “Primeiro foi nunha reunión á que non estaba invitada e na cal se comprometeu a arranxar a estrada antes do Nadal; e posteriormente o 22 de xaneiro, onde asegurou a pe de obra e con medios de comunicación presentes, a que a estrada estaría lista en quince días” recalcaron.
Para os populares, a “concatenación de mentiras” de Méndez quedou en evidencia dúas veces. A primeira ao ter que ser o Concello quen asumira os traballos de urxencia para rebachear a estrada antes das datas de Nadal; e a segunda agora, case dúas semanas dende que expirara a data anunciada pola vicepresidenta da Deputación como remate das obras “e sospeitosamente retomados agora”. Na opinión do grupo municipal de Goberno, o afán de protagonismo de Méndez obedece a un único obxectivo: “tentar exprimir ao máximo os réditos políticos mediante as súas aparicións estelares a modo de fada madriña, pero que á hora da verdade se quedan en nada”.
Os integrantes do equipo municipal de Cervo lembran tamén que o atraso nestas obras de asfaltado só se debe á Deputación, “a única administración con competencias nesta estrada”, e aseguraron que as escusas dadas polos responsables do Ente provincial non foron nunca cribles. “Estamos fartos de escoitarlles dicir que a obra quedou sen rematar porque o goberno do PP na Deputación non deixara consignación, pero xa levan tempo dabondo para facerse responsables. Si houberan tido interese en rematar a obra tal e coma veñen predicando reiteradamente xa a poderían ter rematada” recalcaron.
Por último, os populares cervenses lembraron que esta obra rematarase “única e exclusivamente” grazas ao empeño e loita común levada a cabo polos colectivos veciñais, pedáneos e goberno municipal “que souberon unir esforzos ao marxe de intereses propios e cores políticas” para conseguir que esta arteria de comunicación tan importante do Concello de Cervo poda ser unha realidade.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



