RIBADEO .- O ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería de Política Territorial, investirá 940 mil euros para protexer o peirao comercial de Ribadeo das mareas vivas. Os traballos que agora se licitan consisten no recrecido dos muros e explanadas colindantes do peirao comercial
que se ven afectados por inundacións producidas polas mareas vivas.
Debido ao aumento de cota que se proxecta ao longo de 198 metros de peirao, será necesaria a substitución dos actuais amarres por outros novos, así como a renovación das actuais defensas por outras verticais colocadas no paramento do peirao e en toda a súa lonxitude.
Nota de Prensa
Portos de Galicia licita as obras para protexer o peirao comercial de Ribadeo das mareas vivas
Os traballos acadan un investimento de preto dun millón de euros
Santiago, 24 febreiro de 2009.- O ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ven de sacar a concurso as obras para protexer o peirao comercial de Ribadeo da acción das mareas vivas. Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, o orzamento de licitación destes traballos ascende a 940.618,10 euros e o prazo de execución será nove meses.
Os traballos que agora se licitan consisten no recrecido dos muros e explanadas colindantes do peirao comercial que se ven afectados por inundacións producidas polas mareas vivas. Precisamente para atallar esta situación e garantir que en todo momento estean dispoñibles todos os espazos portuarios en condicións axeitadas, aumentarase a cota do tramo norte do peirao comercial ata os 5,10 metros de altura, polo que quedará igualado ao resto do peirao.
Ademais, debido ao aumento de cota que se proxecta ao longo de 198 metros de peirao, será necesaria a substitución dos actuais amarres por outros novos, así como a renovación das actuais defensas por outras verticais colocadas no paramento do peirao e en toda a súa lonxitude.
Do resultado do aumento de cota dos muros, será preciso elevar a actual baliza da punta do peirao comercial, así como a súa caseta e os elementos afectados do subministro de combustible que se ubican en dito peirao.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



