LUGO .- Adega presentou no xulgado de instrución de Lugo unha denuncia contra Ramón Álvarez-Cascos, familiar do ex ministro do PP, representante legal de Acuinor, por un posíbel delito ou falta de ameazas e coaccións a raíz de que a presidenta de Adega en Lugo, Montse Lombradía, recibirá no seu móbil unha mensaxe co texto “se os acabó el chollo”. Montse Lombardía foi unha das activistas de Adega “denunciadas penalmente por Acuinor por terlle parado en 2005 as obras dunha piscifatoría en Rinlo”
Nota de Prensa
ADEGA DENUNCIA PRESUNTAS AMEAZAS E COACCIÓNS POR PARTE DE RAMÓN ÁLVAREZ-CASCOS
Compostela, 30 de marzo de 2009. ADEGA vén de presentar ante o xulgado de instrucción de Lugo unha denuncia contra Ramón Álvarez Cascos, representante legal de ACUINOR, por un posíbel delicto ou falta de ameazas e coaccións. O denunciado enviou unha mensaxe dende o seu teléfone móbil á Presidenta de ADEGA-Lugo, Montse Lombardía, nos seguintes termos: “Se os acabó el chollo”. Esta mensaxe foi enviada a tarde eleitoral do 1 de marzo, cando os resultados confirmaban xa a recuperación da maioría absoluta polo Partido Popular.
A persoa receptora deste preocupante SMS foi unha das activistas de ADEGA denunciadas penalmente por ACUINOR por terlle parado en 2005 as obras dunha piscifatoría en Rinlo (Ribadeo) que a empresa construía dentro da Rede Natura 2000. Os compañeiros e compañeiras daquela denunciados por ACUINOR, foron posteriormente absoltos pola Audiencia Provincial de Lugo.
Para ADEGA, o envío da mensaxe “Se os acabó el chollo”, xusto no momento en que as eleccións estaban resoltas e con litixios xudiciais aínda abertos entre ADEGA e ACUINOR, ten unha clara intención intimidatoria. Recordemos que ADEGA conqueriu a paralización cautelar xudicial en 2006 das obras da piscifatoría que ACUINOR realizaba en Rinlo (Ribadeo) dentro do LIC As Catedrais, por atentar contra hábitats prioritarios. Dende entón, comezou unha batalla en distintas instancias xudiciais que até o momento saldouse sempre a favor de ADEGA: coa paralización cautelar das obras polo Tribunal Superior de Xustiza, a absolución pola Audiencia Provincial de Lugo de 12 membros de ADEGA dos cargos de coacción, e a desestimación da demanda de indemnización de 30.000 € interposta por ACUINOR contra ADEGA no xulgado de 1ª Instancia nº4 de Compostela.
E aínda están pendentes de resolución os recursos xudiciais interpostos por ADEGA contra o acordo do Consello da Xunta (na súa última reunión, co goberno de Fraga en funcións) que aprobaba o Proxecto Sectorial da piscifatoría de Rinlo (e o de Touriñán), contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (PP) que aprobaba a Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de ACUINOR, e contra o outorgamento de licenza de obras e de actividade polo concello de Ribadeo.
Así as cousas, en opinión de ADEGA co envío da mensaxe “Se os acabó el chollo”, o Sr. Álvarez Cascos puido pretender xerar un sentimento de medo na persoa destinataria e en ADEGA, e limitar as súas actuacións en defensa do Medio Ambiente, en concreto do LIC As catedrais, incluído na Rede Natura galega e dos hábitats e especies protexidos que alí existen.
Pero tamén pode dar a entender que logo da vitoria eleitoral e da volta ao goberno da Xunta do PP, comeza unha “nova era” na que ACUINOR presuntamente gozaría de vantaxes administrativas e xudiciais na súa batalla contra ADEGA, e que a nosa organización vaia ser denostada polo Executivo “popular”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



