Durante os catro últimos anos, día si e día tamén José Manuel Balseiro, o máximo representante do partido gañador das eleccións en Galicia, saía na prensa pedindo cousas para a bisbarra, asegurando que si gobernaban eles xa estarían feitas, chamando a atención das situacións que se daban en pesca, sanidade,estradas, traídas de auga, servizos socias, atención aos mais vellos, infancia, educación , medio ambiente …..
Pois ben eu estou moi ledo, “Moi ben, moi ben, como diría Farruco, efectivamente «chegou ou momento», como cre o PP e creo eu;
José Manuel Balseiro que acostuma a repetir aquello de que os que aquí vivimos «non se lles pode enganar» O próximo Goberno popular galego resolverá moitas das grandes cousas e cousiñas pendentes de A Mariña en diferentes eidos. Polo menos ese é o compromiso explícito ou implícito de Balseiro, antes e durante a campaña electoral.
En saúde a cousa xa está encamiñada por Balseiro, coa «medida para corrixir o progresivo deterioro do sistema público de saúde» que inclúe un «plan específico para atallar ás listas a desenvolver nos próximos catro anos». Balseiro prestara especial atención ao Hospital da Costa, xa que “Estes caralláns do bipartito” non dotaron ao centro de Burela dunha resonancia magnética estable, así como por a «carencia de moitos recursos e dotacións», reclamou mais persoal , mais aparcadoiro e denunciou un montón de veces a «manipulación» das listas de espera que agora, cando se nomee a un dos seus director da cousa quedara solucionado de vez.
Por outra banda Foz é a plataforma pola saúde pode estar contenta, o que non logrou Rivera xa está no bote, xa que Balseiro, cansouse de explicar no Parlamento de Santiago mocións para dotar a Foz dun punto de atención continuada, pero ningunha prosperou polo PSOE e o BNG. Agora coa maioría conservadora xa está todo a punto de solucionarse. Ao igual que nas localidades costeiras onde un médico se viu obrigado a atender dúas consultas, ou o que provoca longas esperas e unha atención deficiente e tamén solucionara Balseiro o problema das chamadas aos centros e a falta de liñas de atención aos sufridos pacientes.
Outras cousas prometidas polo Deputado de O Valadouro que vive en SanCibrao e que agora se cumprirán “Ipso facto” será a circunvalación de Viveiro, con ou sen túneles, a vía rápida a Ferrol dende O Castelo, o AVE do Cantabrico, non sei cantos xeriátricos, a compra dos solares da Atalaia de San Cibrao para facer alí un museo castrexo, axudas a arreo o mundo do mar, e a baixura, pontes, portos e moreas, todo iso xa está encamiñado, e como aínda creo nos políticos, sego a ser un inocente, pois estou moi contento, contentísimo, pero si isto non se fai nin por activa nin pasiva aquí llo recordaremos a o señor Balseiro día si e día tamén, por certo e agora ¿De que vai falar o Deputado nos papeis cada dia, os do departamento de prensa do Concello de Cervo, van que ter que estrumarse os miolos.



















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



