XOVE .- Comerciantes de Xove acordaron votar a andar de novo a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove, ACIA, que permanecía inactiva desde o ano 1995. A decisión tomouse nunha xuntanza que mantiveron os interesados o pasado día 10 no salón de actos do Concello e o luns, día 16, xuntaranse de novo para potenciar a iniciativa.
NOTA DE PRENSA.-
O Concello de Xove considera de importancia o fenómeno do asociacionismo e é consciente das vantaxes que supón no ámbito da empresa.
Despois de coñecer as inquietudes dalgún comerciante a cerca de crear unha agrupación do sector e ante a súa petición de convocar unha xuntanza na que as distintas empresas puideran ter un punto de encontro, ofrecemos a nosa axuda na xestión dunha convocatoria que tivo lugar o pasado 10 de marzo de 2008 ás 20:30 horas no Salón de Actos.
Nesa reunión acordouse reavivar a xa existente Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove, creada en 1991 e sen actividade desde 1995.
En colaboración coa súa Presidencia en funcións, o Concello convoca a unha nova reunión informativa que se celebrará no Salón de Actos o próximo luns día 16 de marzo ás 20:30 H. Esta nova xuntanza contará coa presenza do Alcalde de Xove don José Demetrio Salgueiro Rapa, o Tenente de Alcalde e delegado de Comercio don José Manuel González Álvarez, o Presidente en funcións da ACIAM de Xove don Antonio Alonso Pita, a Presidenta da ACIA de San Ciprián dona Ana Isabel San Eloy Vigil e a Axente de Emprego e Desenvolvemento Local de Xove dona Rosa Lage Canoura, para tratar os seguintes temas:
-Información sobre unha asociación de empresarios/as (vantaxes e funcionamento).
-Actividades a desenvolver desde unha asociación.
-Funcións da Xunta Directiva dunha asociación deste tipo.
-Solicitude de alta e/ou baixa na Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove.
A esta xuntanza están convocadas 156 empresas que, ou formaban parte da ACIAM, ou figuran no Padrón de IAE con actividades que se consideraron apropiadas para formar parte da Asociación.
As novas persoas socias que saian desta reunión e o resto de socios e socias da ACIAM de Xove, celebrarán a continuación unha Asamblea Xeral Extraordinaria, baixo a seguinte orde do día:
PRIMEIRO.- Lectura dos estatutos da ACIAM de Xove.
SEGUNDO.- Actualización de asociados e asociadas con altas e baixas pertinentes.
TERCEIRO.- Establecemento da normativa que regulará o proceso electoral da nova Xunta Directiva.
CUARTO.- Presentación de candidaturas para a elección de Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a e Tesoureiro/a e unha persoa vocal como mínimo, procedéndose na mesma sesión á votación, elección e toma de posesión dos mesmos.
QUINTO.- Cotas a establecer aos asociados.
SEXTO.- Calquera outro tema de interese.
SÉTIMO.- Rogos e preguntas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



