A campaña “Dálle volta”, iniciativa do Observatorio da Mariña pola Igualdade para “achegarlle o feminismo á mocidade, achegouse ao IES San Rosendo de Mondoñedo. O día 3 de abril estará en A Pontenova e en San Cibaro o día 17.

Arestora son 1984. Destes, 3 están en UCI no HULA. 87 están en hospitalización: 56 no Hula, 7 no Hospital da Mariña, 20 no Hospital de Monforte.
O Concello dispón dende hai bastantes anos dunha Aula Informática, localizada nun local da OMIX, na cal se levan organizado multitude de cursos informáticos de todo tipo. Ademáis úsase a diario para que os rapaces poidan realizar os seus traballos e tamén conectarse. Este equipamento estaba bastante gastado e deteriorado, de aí que o Concello decidira substituír os vellos ordenadores. Estes últimos días procedeuse á renovación completa e hoxe xa lucen os 8 novos pc.
Desde este venres, e durante dous meses os socorristas velarán pola seguridade das persoas usuarias, de luns a domingo, en quendas de mañá e tarde. O rexedor, Alfonso Villares, a tenente-alcalde Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron este mediodía un encontro con eles no propio areal no que desenvolverán as tarefas de protección da cidadanía.
Participaron unha trintena de persoas e levouse a cabo coa colaboración de Pinturas Tor. Durante sete horas ofreceuse formación e demostracións das últimas novidades en produtos, maquinarias e sistemas de aplicación. Ademais os asistentes compartiron un aperitivo.
O rexedor, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa no campo da festa, na compañía da Comisión, encabezada por Francisco Fernández e Isabel Guerreiro. A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón; que á noitiña, ás 21:00 horas, repetirá para amenizar o baile.
Nesta actividade, que foi organizada polo departamento municipal de Servizos Sociais laurentino, tamén participou a alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra, que comentaron que “foi unha xornada gratificante co alumando do taller de memoria. Nesta viaxe turística disfrutamos dun percorrido pola historia e o patrimonio natural e arquitectónico de Ferrol. É unha boa iniciativa para coñecer e achegarnos de preto aos recursos doutras localidades tan próximas pero moitas veces descoñecidas para nós”.
Membros do Comité Organizador (Asociación de Festexos A Medorra) xunto co Alcalde e a concelleira de Cultura fixeron este venres a presentación da IX Festa do percebe de Xove, que despois do impás da pandemia, volve o sábado 23 de xullo. Unha tradicional cita gastronómica na Mariña que fai as delicias de veciños e visitantes
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital