NOTA DE PRENSA:
O PP REPLICA A ESTUA E AFIRMA QUE SE FORA POLA ADMINISTRACIÓN DO BNG O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE CERVO HOUBERA PECHADO
* Os populares reafirman o seu compromiso coa gratuidade deste servizo de gran importancia para garantir a atención e coidado dos nenos de 7 meses a 3 anos e como recurso para facilitar a vida laboral e familiar.
* Segundo o PP as políticas sociais do BNG xa resultaron xulgadas polos galegos e polos cervenses co pasado resultado electoral que arroxou unha contundente derrota das forzas do bipartito.
Cervo, 25 de marzo de 2009.- Os populares cervenses veñen a saír ao paso das declaracións efectuadas polo único concelleiro nacionalista local, Xoan Antón Estúa, quen, no día de hoxe, afirmou que o funcionamento deste servizo é consecuencia das axudas que recibe por parte da Xunta e da Deputación Provincial. Desde o PP negan que isto sexa certo e afirman que se fora polas administracións do BNG o Punto de Atención á infancia de Cervo houbera pechado.
“Se hoxe as familias do noso municipio dispoñen dun servizo destas características, que ten por obxecto garantir a atención e coidado dos nenos de 7 meses a 3 anos -nos estadíos previos a súa incorporación ao colexio- e que constitúe un recurso moi positivo para colaborar na difícil tarefa de conciliar a vida laboral e familiar, e grazas a que no 2002 o Goberno municipal do Partido Popular o creou, como mostra do seu compromiso coa mellora dos servizos públicos municipais”.-replican os populares.
Pola contra, desde que BNG e PSOE accederon ao Goberno de Galicia as axudas que outorga a administración autonómica para o mantemento do PAI veñen reducíndose paulatinamente. No ano 2003 a Xunta achegou 60.380,24 euros en axudas para este servizo mentres que no 2007, a Vicepresidencia da Xunta de Galicia destinou tan só 14.000 euros. Esta progresiva redución de axudas, desenvolvida polas administracións do BNG tiñan un dobre obxectivo: asfixiar económicamente ao Concello de Cervo para evitar que mantivera a continuidade do PAI e, nun segundo lugar, chataxear ao Concello para que se sumara ao Consorcio Galego de Benestar, algo ao que nos negamos porque crear unha galescola era aceptar que se primara o adoctrinamento nacionalista por enriba dos intereses educativos.
RECTIFICACIÓN DO BNG
Afortudamente o BNG non tivo máis remedio que rectificar, ante a presión social e as queixas das familias usuarias e do propio Concello, e mudou a súa política de boicot contra o funcionamento do PAI. Grazas a esta rectificación, e sumando os novos recursos dispoñibles o servizo segue a ser gratuíto. De feito, o Partido Popular entende que debe continuar sendo así. “Tendo en conta os tempos que corren, é unha fórmula moi útil que empregar o PAI non teña ningún custe para as familias usuarias. E proba do éxito deste proceder é que están completas as 20 prazas de mañá e 20 prazas de tarde que hoxe ofertamos neste servizo”
POLÍTICA SOCIAL XULGADA
Finalmente, os populares cervenses entenden que a política social desenvolvida polo BNG, “que tanto parece encher de orgullo ao concelleiro nacionalista”, xa foi xulgada. “Como tamén foi xulgada a maléfica estratexia do BNG caracterizada por xestionar os servizos de benestar dun xeito clientelar, coacionando á xente e aos concellos e despilfarrando recursos en propaganda. Os veciños e veciñas botáronnos do Goberno e fixeron que en Cervo perderan máis dun centenar de votos respecto dos resultados acadados polo BNG no 2005”


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



