Por Emilio González Legaspi
Nos último anos da ditadura franquista, Xesús Alonso Montero, editara o seu Informe dramático sobre la lengua gallega (Akal 1973), no que describía a situación de lingua en perigo de desaparecer nun tempo de dúas décadas, tendo en conta a situación sociopolítica e sociolingüística do momento. Coa chegada da democracia, abriuse un tempo de esperanza e ilusión, que a moitos nos fixo crer nas mil primaveras máis que pedía Cunqueiro. A dereita de toda a vida fixo leis de Normalización Lingüística para lavar a cara, pero nunca as puxo en práctica nin creu nelas. Continuou o deterioro, a situación de desprestixio e a perda de falantes. O feito de que o goberno do PSOE e do BNG intentasen facer cumprir as leis aprobadas polo PP fixo que se alporizasen os “patufos desleigados”, as elites dominantes, os vasalos da corte, e berrasen polo idioma único -parece ser que español e non inglés- dos animais.
Xa anunciaron que a primeira medida que vai tomar o goberno do PP é a de eliminar as normas de normalización do galego, para retroceder corenta anos no tempo. Un exercicio de travestismo lingüístico, de translingüismo. Unha mostra clara de falta de autoestima e de autoodio do propio. O mesmo que lles ocorre aos transexuais, que non se atopan contentos co corpo que lles deu a natureza, e procuran poñer ou sacar atributos na busca dunha identidade nova. Pois parece ser que unha grande maioría de galegos están dispostos a vender a herdanza, o tesouro da lingua, o cerne da cultura e a dignidade do país. Galiza seguirá existindo como territorio, pero non como pobo con identidade propia. Vendemos a alma da nosa cultura e non pasa nada, porque só neste pobo hai un refrán que di “mexan por un e hai que dicir que chove”. Quen non se quere a si mesmo non pode esperar que outros o queiran.
Volve, querido Celso Emilio, outra vez a “noite de pedra”. Esperemos que non tan longa. É, outra vez, tempo de resistencia, de desesperación…e ao peor para nada, para a asimilación. Moitos son os que pensan e así o manifestan sen ningún pudor, que a fala non dá de comer, e os domingos van á misa e escoitan aquelo de que “non só de pan vive o home”, pero non entenden nada. Pois eu vou seguir coma o penedo aguantando o temporal.
“eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
…
e quero estar cos meus, coa xente miña
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.”
Galiza, coma Penélope, sempre volvendo empezar. ¿Cando chegará Ulises?



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



