XOVE .- A corporación municipal de Xove acordou por unanimidade a exención de impostos sobre vehículos de tracción mecánica aos que teñan unha antigüidade de 40 anos. A iniciativa é unha vella petición por parte de algúns veciños que son propietarios de coches con máis de 25 anos de antigüidade, cualificados como históricos.
NOTA DE PRENSA
PLENO ORDINARIO DO 9 DE MARZO DE 2009
1º.- APROBACIÓN DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES DE 12 E 31 DE XANEIRO DE 2009. ADOPCION DE ACORDO.
Non habendo obxeccións, o Concello Pleno por unanimidade dos seus membros acorda aproba-los borradores das actas plenarias devanditas.
2º.- EXPEDIENTE Nº 3/2009 DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO EXERCICIO DE 2009 POR IMPORTE DE 188.000€. APROBACIÓN INICIAL. ADOPCIÓN DE ACORDO.
Pártes dun ditame favorable emitido pola Comisión Especial de Contal de data de 5 de marzo de 2009.
O Alcalde manifesta que dende hai tempo a ampliación do paso soterrado da vía de FEVE e a mellora dos accesos da zona sur do Concello por Regonsanguento, constitúe unha petición practicamente unánime de tódolos veciños, por considerar que o entronque coa estrada xeral está moito mais preto do casco urbano de Xove que o acceso por Vila.
Apróbase esta modificación de crédito cos votos favorables do PP, AVEXO e PSOE e a abstención do BNG.
3.- PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE MODIFICACION DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA. APROBACIÓN INICIAL, ADOPCIÓN DE ACORDO.
Por parte do Alcalde saliéntase que a exención para vehículos de carácter histórico é unha vella petición por parte de algúns veciños que son propietarios desta clase de vehículos cuio mantemento e restauración merecen o apoio municipal, engadindo que dende o punto de vista dos ingresos municipais, a incidencia será mínima. A lei marca un mínimo de 25 anos, pero como inda hai moitos vehículos de máis de 25 anos (land rovers, etc.) que funcionan en industrias e outros e para evitar picarescas, decidiuse que 40 anos de antigüidade estaba ben para esta modificación. Aprobado por unanimidade.
4.- PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE MODIFICACIÓN E REFUNDICIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO, FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA PISCINA MUNICIPAL E INSTALACIÓN ANEXAS, E DA ORDENANZA FISCAL REGULAMENTADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DE PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL E INSTALACIÓN ANEXAS. APROBACIÓN INICIAL. ADOPCIÓN DE ACORDO.
Pártese dun ditame emitido pola Comisión Especial de Contas de data 5 de marzo de 2009.
Era necesario refundir nun solo texto unha normativa que na actualidade estaba dispersa en 3 regulamentos e unha ordenanza fiscal e doutra banda, era necesario dar cobertura legal á figura do socio familiar reservada como consecuencia da capacidade limitada da piscina municipal e instalacións anexas (fundamentalmente ó ximnasio e a sala de masaxismo), a os veciños de Xove; aproveitando para efectuar unha mínima modificación da contía das taxas que levaban sen ser actualizadas máis de 4 anos, e que seguen sendo con diferenza, as máis reducidas de toda a comarca.
Aprobado por unanimidade.
5º.- LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO MUNICIPAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2008. DAR CONTA.
O Concello Pleno dáse por enterado.
6º.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG, VERBO DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIÓNAL DAS MULLERES. ADOPCIÓN DE ACORDO.
O Alcalde manifestas estar de acordo coa parte dispositiva da proposta de acordo reflectida na moción transcrita, entre outras cousas porque a maioría, por non decir todas as peticións que se plantexan, xa están resoltas a través das iniciativas promovidas pola Concellería de Servizos Sociais, de feito, o Plan Municipal para a Igualdade de oportunidades entre Homes e Mulleres en vigor neste Concello, inspirouse na súa elaboración no principio fundamental de “Mainstreaming” que consiste en promove-la defensa e garantía do principio de igualdade entre Homes e Mulleres en todas actividades e políticas, a todolos niveis, con un carácter transversal.
Por outro lado, dende o Servizo Municipal de Desenvolvemento Local, estáse a traballar pola integración laboral das mulleres e pola súa formación, tendo en conta as preferencias persoais, a dispoñibilidade e as posibilidades de inserción na zona, ademais dos servizos de información, orientación e xestión administrativa necesarios para acceder ó mercado laboral que desde dita oficina municipal se prestan a todalas mulleres deste concello, e mesmo de concellos limítrofes que non dispoñen nos seus cadros de persoal da figura do Axente de Desenvolvemento Local.
Igualmente compre sinalar que un dos obxectivos do plan de igualde de oportunidades municipal (PIOM) é fomenta-lo asociacionismo feminino (incluíndo as mulleres immigrantes) de feito, dende os departamentos municipais de Servizos Sociais e Educación familiar, estáse a traballar pola integración na nosa comunidade das mulleres inmigrantes, mediante a consecución duns obxectivos básicos como son o dominio do idioma e o coñecemento de códigos de interrelación social ( nalgúns casos tan diferentes da súa cultura de orixe); neste sentido dáse a circunstancia que o colectivo de mulleres inmigrantes existente na actualidade no noso Concello ten unha composición moi diversa (8 procedentes de Portugal; 5 procedentes de Marruecos; 4 procedentes do Brasil; 2 da Republica Dominicana; 1 de Rumanía e 1 de Chile).
Igualmente, desde o Concello dáse cumprimento e exísese a aplicación do disposto na Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Por último, compre sinalar en relación co fomento das políticas de corresponsabilidade, que desde o Concello e en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, está prevista ( a titulo de exemplo), a celebración dun obradoiro cuio obxectivo é precisamente concienciar á mocidade do noso Concello da importancia da coeducación e corresponsabilidade en materia de igualdade de xénero.
Remata a súa intervención o Alcalde sinalando que se ben, como xa dixo, está de acordo coa parte dispositiva da moción, nembargantes quere facer constar que o seu Grupo non está en absoluto de acordo coa referencias que na introducción da moción fai o BNG a un futuro Estatuto da Nación en lugar de falar do Estatuto de Autonomía actualmente en vigor, considerando que os acordos en favor da integración e da igualdade da muller non poden ser utilizados para debates ideolóxicos que non veñen ó caso.
Rematado o debate, a Corporación por unanimidade dos seus membros acorda aprobar exclusivamente a parte dispositiva da moción.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



